34.6 C
O Barco de Valdeorras
martes, julio 21, 2026
Publicidad

Emilio Rúa (cantautor): «A música é a miña vida e vivo un momento doce»

Publicidad

O 26 de xullo ofrece un concerto do Xacobeo no castelo do Bolo dentro da súa «Xira ao vivo: espacios singulares»

Emilio Rúa, compositor e cantautor ourensán, actuará o 26 de xullo no castelo do Bolo, a partir das 12,30 da mediodía, dentro do programa de concertos do Xacobeo, que promove Turismo de Galicia, baixo o nome  «Xira ao vivo: espazos singulares». Anima a asistir: «será moi dinámico», di.

Natural de Vendas da Barreira (Riós), vive en San Cibrao (Ourense). Emilio Rúa comezou aos sete anos no mundo da música, no seo da súa familia, nunha orquestra co seu pai. Iniciou a súa carreira profesional no ano 2000 cun disco titulado co seu nome: «Emilio Rúa». Hoxe, conta con 12 discos, un deles (Duetos) grabado con grandes artistas como Pablo Milanés, Rozalén, Carlos Goñi, Solé Giménez, la gallega Rosa Cedrón e Víctor Manuel, entre outros moitos.

Gran defensor do rural, que reivindica sempre, lembra que estos concertos están pensandos para «levar a música ao rural, a espazos que son pequenos pero que ofrecen algo moi grande, o seu patrimonio», espazos singulares como o castelo do Bolo.

Publicidad

Valdeorras de Cerca: ¿Qué repertorio vas ofrecer no castelo do Bolo?

Emilio Rúa: É un repertorio dos 12 discos que teño, que son esenciais para este tipo de concertos. Tamén incluirei algunha lenda e algún poema.

V de Cerca: Como cantautor, as túas cancións e letras sempre van máis alá do amor, ¿son tamén un canto o rural?

Emilio Rúa: Sí. Desde o primeiro ata o último disco, hai un reflexo da vida no rural, das nosas orixes. Para min é esencial. Podo falar de amor, pero sempre vai mais alá, vinculado ao rural, que non podo evitar, porque eu veño de aí, é a miña identidade.

V de Cerca: Porque o rural non termina de repuntar…

Emilio Rúa: Hai moitas casas pechadas, terras abandonadas e hai que seguir loitando para que poida rexurdir. Eu vin na miña nenez as aldeas xeas de xente, cando iba a tocar coa orquestra, e velas como están hoxe é unha tristeza enorme. Cambiou a sociedade, a forma de vivir, moitas cousas, pero pódese volver a elas si se ofrecen oportunidades ventaxosas para vivir no rural.

V de Cerca: Doce discos desde o primeiro («Emilio Rúa»), son moitos discos ¿cómo evolucionou a túa música?

Emilio Rúa: Sigo facendo as cancións da mesma maneira que no primeiro disco. Non mudei absolutamente nada. Non sei se é bo ou malo. Cada disco ten unhas singularidades e diferencias, pero a esencia se mantén.

V de Cerca: ¿En que te inspiras?

Emilio Rúa: Ademais do rural, na natureza que me rodea, que é a miña forma de entender a vida. Os que nacemos no medio rural estamos rodeados de ríos, montañas, árbores, prados, tantas tradicións e cousas que se veñen á cabeza e que conforman parte das miñas letras. É un universo que está aí.

V de Cerca: Si tiveras que elexir unha canción dos 12 discos que te defina ou que te marque, ¿cal sería?

Emilio Rúa: Evidentemente, «Vida miña». É unha canción composta á guitarra, pero sin tocala, á corda, golpeada omo si fora un pandeiro. Foi unha creación que tivo moita repercusión. Tamén me quedaría con «Coroza» ou «Cinco flores de lis», que son cancións moi nosas, moi galegas.

V de Cerca: ¿O mundo da música é máis difícil para un cantautor, tendo en conta a cantidade de propostas musicais que hai?

Emilio Rúa: Depende da traxectoria do cantautor. Sacar unha canción e ter xa moitos seguidores non significa nada. Refírome a que un artista ten que labrarse durante anos, con traballos, e as veces tamén con silencio. Eu fago moitos concertos ao ano, levo toda a vida vivindo da música.

V de Cerca: ¿En qué momento profesional estás?

Emilio Rúa: Vivo un realmente momento doce, pero tamén porque labrei a miña carreira a base de «pico e pala». A música e a miña vida, é o meu xeito de vida.

V de Cerca: ¿Cal é o teu sono?

Emilio Rúa: Mirar cara atrás e ver que o que fixen mereceu a pena, que ten sentido; que alguén recoñeza algunha das miñas cancións e lle apetezca cantalas, sin máis.

V de Cerca: ¿Qué crees que aporta a túa música?

Emilio Rúa: O que intento ofrecer é a miña forma de entender a música. Non podo expresar algo que non sinta. Non podo seguir as regras dun mercado que di que hai que mezclar música electrónica ou por un dj detrás, por exemplo. Cada un ten que dar sentido ao que fai e a súa vida como considere. Eu considero que a miña forma é coller a guitarra, o piano, cantar e facer a música que me sae do corazón. A miña música e moi miña. Non é que sea máis íntima ou máis enérxica, que tamén o é. Os meus concertos en solitario teñen moita enerxía.

V de Cerca: ¿Cómo será o concerto no castelo do Bolo?

Emilio Rúa: Será moi dinámico. Animo a que veña a xente a disfrutalo.