O fundador do mítico grupo de folk galego di que «para mín é unha emoción poder tocar no Santuario das Ermidas»
Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, fala cun fondo sentimento da banda folk de referencia no mundo, que naceu hai 40 anos, unha data que o grupo festexa coa xira nacional e internacional con motivo dese 40 aniversario e a presentación do seu novo traballo. Anima a asistir ao concerto do 16 de xullo no santuario de As Ermidas (O Bolo) porque será «único», di.
Músico da Coruña con raíces ourensanas (a súa familia é de Niñodaguia —Xuqueira de Espadañedo—), afirma sentirse emocionado por tocar no Santuario das Ermidas, un lugar máxico que coñece ben.
Valdeorras de Cerca: Luar na Lubre, 40 anos na cima, ¿cal é a valoración?
Bieito Romero: Moi positiva. Son 21 traballos discográficos editados, máis de 2.000 concertos, máis de 50 países de todo o mundo, máis de 450.000 discos vendidos, cunha traxectoria que nos trae aiquí, despois de 40 anos, para facer unha xira de celebración que nos vai levar a moitos lugares de Galicia e do territorio nacional e internacional. A xira xa principiou en xaneiro e estivemos en moitas cidades de todo o Estado e no sur de América, Arxentina, Uruguay e Chile e agora continuamos o periplo do verán, que é moi intenso, con moitos concertos en Galicia, entre eles do das Ermidas, en Valdeorras. Iremos ao Festival Intercéltico de Lorient, a Holanda etc. A valoración é maravillosa, mellor non pode ser, despois de 40 anos, seguir con tanta vitalidade.
V de Cerca: ¿A clave do éxito está na esencia de Luar na Lubre?
Bieito Romero: A clave do éxito é a capacidade de traballo e determinadas circunstancias que se deron para que tivéramos estímulos e que ise traballo se vira valorado. Eu creo que a tenacidade, o proxecto, manter a esencia e despois de 40 anos, manter unha forma de facer, está conectada cos nosos comenzos, no 1986. O fundamental é o traballo e a coordinación e equilibrio interno no grupo; hai moi boa xente, o convivio é moi bon, as enerxías son moi boas, a creatividade é moi boa. Fíxate que temos 40 anos que editamos 21 traballos discrográficos e máis de 2.000 concerto. Para esto hai que levarse moi ben. Hai moi poucos grupos en Europa, e a nivel internacional, con esa traxectoria, digamos temporal, tan amplia e coa discografía que ten Luar na Lubre. Por riba de nos están os Rolling Stone e pouco máis (rise). Quero decir que as estadísticas falan moitas veces e esa é a clave.

V de Cerca: ¿Son tempos malos para a música?
Bieito Romero: Non. Son tempos estranos para a música. Estranos porque hai que adaptarse a determinadas circunstancias dadas por evolucións, que podes entender como mellor ou peor. Para unha persona da miña idade son tempos moi estranos, incluso podería dicir que malos, pero tampouco son tan malos porque nunca estivo a música galega como está na actualidade. Nunca houbo tantas propostas, tantos grupos e tanta xente tocando con nivel. Por iso non poden ser tempos malos.
V de Cerca: ¿Como defines a música de Luar na Lubre?
Bieito Romero: Deixamos que sexa a xente a que defina a música de Luar na Lubre, do que facemos. Porque quen nos escoita é a xente, que pon as etiquetas. Nos estamos encadrados con claridade nun xeito de facer música, que é o folk, pero dentro da música que facemos hai xente que provén de moitos estilos: veñen da música clásica, da música latina, do rock and roll, da música tradicional etc. Toda esa conxunción fai o estilo que nos facemos. Dentro do folk, estamos na música chamada atlántica ou céltica e todo iso con raíces claramente galegas que é donde nos inspiramos para facer a nosa música. A partir de aí deixamos que a xente defina o estilo que nos facemos.
V de Cerca: Música co selo de Galicia y en galego. Luar na Lubre foi dos primeiros grupos que apostou pola música galega
Bieto Romero: Somos galegos e facemos música de proximidade, música coas nosas raíces e dentro das nosas raíces nos define o Atlántico e a cultura celta. Fumos dos primeiros impulsores para que a música galega tivera un estatus a nivel estatal. Había propostas interesantes das que nos tamén aprendimos. A música galega ven de moi atrás e hai moitas maneras de manifestala.
O que hai que entender é ¿qué é música tradicional galega ou a música que se canta en galego? Hai moitas propostas. A música que se canta en galego ven de moi atrás e a música tradicional galega a transmitieron os nosos ancestros dende tempos inmemoriais. Nos o que facemos é crear a nosa. Non facemos a música que facían os de antes. Pero a nosa inspiración ven de aí, desas músicas tradicionais. O idioma é en galego, aínda que cantamos en moitos idiomas: en euskera, gaélico, en inglés, en catalán, en castellano, en asturiano… E dicir, intentamos que o noso trascenda, pero o principal e é o noso idioma e a nosa cultura e, a partir de aí, nos creamos.

O Son do Ar
V de Cerca: Si tuveras que elixir algún tema ou traballo discográfico destes anos imaxino que case é imposible porque todos son «fillos», pero poderías citar un?
Bieto Romero: É moi complicado. Son «fillos», como dices ti. Cos fillos non se pode ser obxectivo, hai que ser ecuánime. Pero bueno, por dicirche algún, a canción representativa, que aínda mantemos no repertorio do primeiro traballo discográfico, que todavía continúa en activo, que emociona e que no seu día versionou Mike Olfield é O Son do Ar. Esta é a canción que emociona en Galicia e fora de Galicia, canción buque insignia do que nos facemos e que todavía sigue emocionando e funcionando moi ben, tanto nos directos como nas grabacións.
V de Cerca: O exterior do Santuario de As Ermidas será a vosa primeira vez neste lugar (será o segundo concerto despois do de Carlos Núñez o ano pasado)… ¿Como invitarías a que o público asista a este concerto tan especial?
Bieto Romero: Sí tocamos en Viana do Bolo e en Valdeorras, pero no santuario das Ermidas é a primeira vez. Imos moi encantados, emocionados. Eu coñezoo desde hai anos. Coñezo ben a provincia de Ourense e para mín é unha emoción poder tocar aí.
Eu lle diría á xente que non se perda o espectáculo de Luar na Lubre, é único, nove músicos en escena, moitísimos instrumentos, e sobre todo que impos presentar unha parte do noso vixésimo primeiro traballo, que se chama «Lubre 40 aniversario».
Lubre é o bosque onde os druidas celtas facían os seus rituais sagrados e neste caso As Ermidas é unha vella lubre que se convertiu nun lugar sagrado do cristianismo, nun santuario fermosísimo, que é unha especie de «tibet galego», por decilo dalgún xeito, onde a xente non se pode perder este concerto.


