«Mel de Galicia» anima a participar na repoboación de 500 castiñeiros este venres en Alixo (O Barco)

Publicidad

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia desenvolve o proxecto solidario «Elixindo un modo de vida»

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia anima á participación de persoas voluntarias que queiran axudar na repoboación de 500 castiñeiros o vindeiro venres 1 de decembro, ás 11, 00 horas, na parroquia de Alixo, no Barco , unha das áreas arrasadas polos incendios en Valdeorras. As personas interesadas poden inscribirse enviando un correo a info@mieldegalicia.org ou aparecer no propio lugar. Os 10 primeiros voluntarios que cheguen recibirán un meloso agasallo.

Publicidad

A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia arrincaba este 2023 cunha campaña destinada a honrar e dignificar a apicultura galega baixo o título «Un modo de vida». Seguindo precisamente esta filosofía na que a preservación da biodiversidade, o coidado das abellas e a valorización dun oficio tradicional son o eixo central, o Consello Regulador da IXP lanza a iniciativa «Elixindo un modo de vida», un proxecto de reforestación para o que chaman á participación de persoas voluntarias.

Publicidad

A elección desta árbore senlleira débese a que se trata dunha especie melífera e autóctona con moito que ofrecer. Ademais de flor para a polinización e a consecución de rico mel, tamén se obterán castañas nun futuro, contribuíndo
así coa dinamización do medio rural.

Publicidad
Publicidad

“A repoboación das zonas queimadas con especies autóctonas é de vital importancia para a recuperación do territorio e para a alimentación das abellas e en consecuencia para a produción do Mel de Galicia. Xurde así a acción medioambiental, «Elixindo un modo de vida» respectuoso co medio ambiente, unha mensaxe en favor dos produtores e dun futuro comprometido co medio ambiente e as abellas” explican dende Mel de Galicia.