María González Albert: «A Rúa hoxe ten maior implicación social, séntese mais como propia»

Publicidad

A alcaldesa do municipio afirma que as prioridades para o municipio son o centro de saúde, mellorar o abastecemento e os espazos públicos

María González Albert, alcaldesa da Rúa, leva seis meses ao fronte do Concello da Rúa.  O goberno en colición con PSOE e RUA decorre en sintonía. Afirma que a prioridade para o municipio é o centro de saúde e resolver as deficiencias no servizo de abastecemento. Ao longo dos últimos anos nota que a sociedade ruesa mudou, é mais participativa, un avance que supón maior implicación para situar o municipio no lugar onde merece estar.

Valdeorras de Cerca: Medio ano como alcaldesa, ¿que cambios percibiches con respecto a 2015, a primeira vez que gobernaches?

Notei que as necesidades que había están mais acentuadas, pois pasaron oito anos, como a perda de poboación e de masa comercial. É algo no que temos que fixar moita atención, coas «armas» que temos no Concello —que no son moitas—, pero son dúas áreas nas que temos que traballar moito. Por outra banda, tamén vexo maior implicación social, que unha parte da poboación da Rúa está volcada para que salgan cousas adiante.

Publicidad

V de Cerca: Hai unha fuxida de poboación nos últimos anos, aínda que é unha cuestión difícil, ¿que se podería facer?

Antes había o concepto de que para prosperar había que marchar fora. Temos unha dificultade engadida que estamos moi lonxe de calquera cidade. Hai vilas do rural que están preto de cidades. O problema é grave, porque non temos unha cidade de referencia que te permita vivir aquí. Iso é o handicap. Pero non depende de nós. Con todo, creo que 2024 vai ser o primeiro ano que gañemos poboación, desde hai moitos anos porque temos unha comunidade de xente doutros países grande. Penso que é un reto convertir a estas personas en cidadáns da Rúa. É xente da Rúa do futuro.

V de Cerca: O Concello da Rúa non ten «armas» pero pode dar alicientes….

Sí. Fixemos en decembro o primeiro concurso de decoración navideña e campaña do comercio Eu Merco Na Rúa, onde houbo mais de 7.000 papeletas e premios que reverterán no sector comercial. Houbo moi boa participación. Foron dúas iniciativas pequeniñas, pero serviron moito para que a xente se implicara no Nadal. Son cousas pequenas que fan pobo. Temos que traballar moito polo comercio e tamén polo estado das rúas. Cando vas a un pobo lévaste varias imaxes de recordo. Temos unha paisaxe urbana que non é para recordar, o centro da rúa, por exemplo. Tamén as zonas singulares como A Rúa Vella ou Fontei non están no seu mellor estado. Aí temos que facer un traballo para melloralo.

Publicidad

V de Cerca: Unha aposta túa é facer unha «imaxe de marca», ¿en que consistirá?

Sí. Non é unha imaxe de marca no sentido puro de imaxen comercial, senón unha marca que valorice os nosos produtos. E creo que aí si que temos moitas posibilidades, mais aló do viño, que é un recurso evidente, refírome a horta, carnes etc. O mundo do «kilómetro 0» (produtos de cercanía de alta calidade) está funcionando moito e neste eido temos unha marxe de traballo no que se pode facer moito.

V de Cerca: ¿A propia xente da Rúa debería crer mais no seu pobo?

Sempre falei de que na Rúa nos falta autoestima. A xente da Rúa Vella e Fontei ten ese sentimento de pertenza ao pobo. Pero a Estación é un barrio de «aluvión». Eu son desa primeira xeración da Rúa, e non son unha excepción, no que iso e bastante a norma. Eso fixo que moita xenta non sinta A Rúa como propia. Pero agora estase dando o cambio. Noto a xente mais implicada e penso que o Concello ten que liderar ese cambio, non para guiar porque ten que ser algo individual, colectivo ou da sociedade, pero sí para colaborar con toda a xente que quere facer cousas, iniciativas. Ademais, hai que lembrar que temos actividades por riba das nosas posibilidades, deporte, teatro, cine comercial, asociacións que fan actividades formativas, bailes de salón, bailes para xente maior, escola de música tradicional. Aquí hai de todo, mais que en calqueira concello grande. Temos que seguir autovalorándonos.

V de Cerca: ¿Que é o prioritario para este ano?

As dúas prioridades son o centro de saúde e o problema da auga. A Xunta o utilizou electoralmente pero o certo é que non o executou nin o licitou. É unha necesidade, mais alo de que haxa eleccións en febreiro. Deixou caducar a licenza en outubro e puxémonos en contacto co Sergas para dicilo, sen que nos reciban. Nos prespupostos do Goberno galego non aparece singularizada a inversión. Ademais do edificio, polo que o Concello leva loitando mais de 20 anos, a Xunta ten que cumplir. Ademais, queremos que teña os facultativos que precisa.

V de Cerca: ¿Como se vai resolver o problema da auga na Rúa?

Hai que partir de que a auga si é potable, pero existe un problema de turbidez cando chove. Imos poñer un sistema de filtración que vai mellorar o servioz. Aproveitando que a Deputación meteu un sistema de financiación e os concellos poden escoller, faremos tamén a mellora da fosa séptica de Roblido, reaproveitando unha memoria do goberno local anterior, completándoa, e penso que este ano os asuntos da auga van ser importantes. Son as obras que menos se ven, pero moi necesarias.

V de Cerca: ¿Que vai pasar co edificio adquirido pola Deputación?

Que a sede da Deputación puidese estar aiquí no ten moito sentido porque hoxe hai unha Administración electrónica. Ese edificio si ten un carácter singular e está no centro da Rúa. Recentemente, tivo desprendementos polo vento e estiveron os arquitectos da Deputación. Temos varias ideas do uso que se lle pode dar. O Concello está disposto a quedarse con ese edificio se a Deputación, arranxalo, xa sexa para actividade municipal, centro de exposicións etc. Temos un déficit de instalacións para toda a actividade que ten.

V de Cerca: ¿Hai sintonía no grupo de goberno, entre BNG, RUA e PSOE?

A cousa vai ben para sorpresa de moitos. Estamos traballando moi ben xuntos. Hai moita implicación de todos.

V de Cerca: Como alcaldesa, ¿que te gustaría para A Rúa?

O que unha febleza, estar lonxe das cidades, pode converterse nunha fortaleza si sabemos aproveitalo. Na Rúa temos unha calidade de vida que non a ten outras vilas grandes. Aquí non hai problemas de aparcamento, temos un río Sil fantástico, a serra, temos unhas condicións naturais extraordinarias que valerían para convertirnos nun núcleo de referencia non so de Valdeorras, senón doutras zonas afastadas das cidades. Tamén me gustaría avanzar nesa colaboración cos colectivos comerciais e veciñais. Que o comercio se autoorganice. Creo que se pode competir na especialización e no trato, que encontre o seu espacio. E complicado.

Personalmente, ¿en qué momento estás?

Atrás quedou a tensión electoral. A política municipal sempre ten un compoñente ingrato, pero tamén outra parte moi positiva. Cando consigues facer polo teu pobo, é moi especial, para recordar. Hai oito anos conseguimos aprobar o PXOM despois de 16 anos de tramitación e foi moi satisfatorio. É un reto afrontar novos proxectos.