Letras galegas en O Barco: «colga nas redes unha palabra pouco usada»

Publicidad

A Biblioteca tamén organizou una actividade de debuxo

O domingo, 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero). A Concellería de Cultura do Concello de O Barco celebra a data cunha pequena festa virtual da palabra a través das redes sociais.

Trátase de que cada participante poña nesta semana unha palabra do galego falado en Valdeorras que considere que é pouco usada, que está esquecida na actualidade, que usa a xente maior ou que se fai en ámbitos reducidos. Xunto a palabra e unha pequena explicación do seu significado pode achegarse o seu lugar de procedencia e unha fotografía ou ilustración que axude a describila. Poden usarse os hashtag #PalabrasPoucoUsadas e #GalegoDeValdeorras.

Será unha pequena homenaxe desde Valdeorras, en tempos de confinamento, para Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras.

Publicidad

A Biblioteca Pública de O Barco, pola súa banda, organizou unha actividade de debuxo para os nenos, con difusión nas redes sociais.

O Concello de O Barco anima a participar nestas iniciativas para difundir a língua propia o día da súa exaltación, as Letras Galegas.