Gabriel Alén: «O de Valdeorras é o incendio mais virulento que houbo en Ourense»

Publicidad

O delegado da Xunta, que coordina no Barco a emerxencia, di que «parece que estamos próximos a rematar a fase de perigo polo incendio»

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, coordina a loita contra o lume en Valdeorras dende o instante no que se declarou a situación 2 do incendio de Riodolas (Carballeda), o fatídico domingo 17 de xullo, cando o lume devorou casas en Alixo (O Barco) propagándose dun xeito sen precedentes.

Gabriel Alén trasladou o seu despacho e residencia a O Barco onde está á fronte do Posto de Mando Avanzado na Casa Grande de Viloira (O Barco), para a coordinación efectiva dos medios de extinción e forzas de seguridade do Estado (Policías Local, autonómica e Garda Civil), do Distrito forestal de Valdeorras e o personal médico destinado a atención de calquera continxencia.

Gabriel Alén no Posto de Mando Avanzado

Viviu moi de preto, día e noite, o incendio que avanzou sen piedade polo territorio de Carballeda, Rubiá e O Barco poñendo aos veciños ao borde do abismo. Foi unha «experiencia dura e desoladora», di suliñando os momentos difíciles e desgarradores que atravesaron os afectados polos incendios, aos que lles transmite unha contundente mensaxe: «Teñen e van ter todo o apoio da Xunta. Estamos a carón deles».

Publicidad

O delegado da Xunta considera que o de Valdeorras é o incendio mais virulento que houbo en Ourense nos últimos tempos, porque adentrouse nos núcleos rurais calcinando moitas edificacións. Alén sinala que é un lume imprevisibel, que non sigue patróns, veloz, estrano, que tomou os catro puntos cardinais do territorio á vez e os pobos poñendo en apuros aos veciños e as estratexias de extinción.

O coordinador desta emerxencia explica que parece que a situación mellora, unha afirmación que fai con cautela por aquelo de que co lume nunca hai certezas. «Creo que estamos moi próximos a rematar a fase de perigo», valora.

Alén describe como foi o incendio, como actuou o dispositivo en a fase na que está.

Valdeorras de Cerca: O incendio virou repentinamente aquel 17 de xullo

O incendio comenza o venres 15 de xullo en Riodolas debido á caida dun raio. O domingo 17 estaba controlado a mediodía, pero houbo unhas circunstancias metereolóxicas que xogaron na contra e un tipo de lume descoñecido ata hai pouco, producido polo cambio climático, con fortes rachas de vento cambiantes e 43 grados de temperatura ese día. Cando eu viña de Ourense a O Barco, as lapas estaban en Candeda (Carballeda) e, de repente, tamén a Vilariño y Alixo (O Barco). Esto reflexa as dimensións do incendio, a velocidade, o cambiante que é este lume e o difícil que fai o seu control na súa fase máis explosiva. As súas condicionantes fan moi difícil a extinción.

VDC: ¿A día de hoxe como está a situación?

Hai unha vixiancia permanente sobre o territorio para actuar alá donde é necesario. Por iso tamén pedimos a colaboración cidadá. De feito, recibimos centos de chamadas alertándonos de sucesos que se estaban a producir en diferentes puntos de Valdeorras. É fundamental a rápida detección da reactivación do lume nas zonas onde xa está apagado para erradicalo. Creemos que estamos no bo camiño. Onte xoves amencemos sen ningunha fronte aberta, circunstancia que pode mudar. Si que é verdade que hai puntos de propagación que se están atallando rapidamente con medios aéreos, helicópteros e moito recoñecemento do terreo. Actuamos para evitar a propagación de zonas non queimadas.

VDC: ¿Cal foi a zona mais preocupante nas últimas horas?

Quereño (Rubiá) e as aproximacións a este enclave, que é unha zona moi escarpada. Producíronse momentos de tensión. Pero a estratexia para atallalo deu resultado. Consistiu en recibir o lume ao pé de Quereño e atacalo dende aí con medios aéreos e terrestres. Houbo 200 efectivos defendendo e protexendo Quereño. Tamen tivemos problemas no Serro (O Barco) e xa na propia madrugada foi atacado para evitar a propagación das lapas.

VDV: É a primeira vez que se produce de forma tan virulenta, chegando aos núcleos poboados

Cando falamos dun lume o primeiro que vense á cabeza son as hectáreas de biomasa, que non afectan as casas, aínda que se aproximen aos pobos. Desta volta foi diferente. O estrano neste incendio é que sobrevoa, vai por encima, incluso sin quemar a propia vexetación na propia terra, e afecta as vivendas. Esto ocasiona unha situación de tensión brutal. A aproximación dun lume próducese en diferentes direccións, en zonas de difícil acceso onde as motobombas non podían chegar. Unha das primeiras medidas que se toman nun incendio é o confinamento, porque se considera que as casas son seguras. Neste caso non, porque foi preciso a evacuación. Hai que agradecer o traballo extraordinario das Forzas e Corpos de Seguridade contribuindo en esa evacuación necesaria, consolidando a seguridade por parte dos servicios de extinción que, unha vez garantida, facilitou a volta ao domicilio.

Valdeorras de Cerca: ¿É o incendio mais grave que houbo na provincia de Ourense?

É sin dúbida o incendio mais grave e mais virulento que houbo na provincia de Ourense porque afecta a moitas vivendas. No 2017 houbo incendios graves en Carballeda de Avia, Avión e outros moitos núcleos, procedente dun lume de Pontevedra. Pero nada parecido ao que aconteceu en Valdeorras, onde hai danos importantes. Dende a Xunta, queremos mandar unha mensaxe de ánimo e forza aos afectados. Poñémonos na piel dos veciños que perderon bens. Da igual que sexan alpendres, garaxes ou casas de primeira ou segunda ocupación, igualmente é grave e preocúpanos. Dende a Xunta de Galicia somos conscientes do problema e imos axudar.

VDC: O conselleiro de Medio Rural ven todos os días a Valdeorras

Todos os días se achega ata O Barco o conselleiro de Medio Rural, José González. Tamén visitounos o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o vicepresidente primeiro e segundo e a propia conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e estivo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Dende a Xunta falamos cos veciños para ofrecer toda a nosa colaboración, por un lado económica, pero tamén aportamos unha coordinación efectiva cos concellos do Barco, Carballeda e Rubiá para tramitar axudas canto antes. Da man dos técnicos municipais, quédanos un camiño a percorrer xuntos para facer que a recuperación sexa o antes posible.

VDC: ¿Cantos medios están desplegados nunha xornada en Valdeorras?

Moitos. Nun so día temos 120 de personas desplegadas da Unidad Militar de Emergencias (UME). Temos que agradecer o seu traballo profesional. Tamén hai mais de 40 efectivos diarios de Garda Civil e Policía autonómica; medios aéreos; brigadas forestais co seus axentes e motobomba, tamén de fora da provincia; agrupacións de voluntarios de Protección Civil; Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) e bombeiros. E temos un camión nodriza que carga 25 mil litros de auga en dous minutos, que é un dos medios fundamentais para acortar tempos na extinción. Teño que reseñar toda a maquinaria sobre o terreno para facer cortalumes e os Buldócer da Diputación de Ourense. E tamén hai que citar a disposición inmediata de todo o sector empresarial de Valdeorras e da pizarra que se sumou o primeiro día ofrecendo todo o seu material para o necesario.

VDC: ¿Non hai medios que podan con este tipo de incendios?

O momento máis crítico e duro que pasouse cando o incendio se propagou, non hai medios que permitan solucionalo. Porque pasamos dunha situación estable a outra desbocada media hora despois, cando o lume pasou a todos os pobos, en todas as direccións. Me refiero a Candeda, Vilariño y Alixo. A inmediatez e simultaneidade non e posible nun caso así porque é imposible que os medios sexan omnipresentes. E cando un lume pasa a ser urbán é moi difícil de extinguir. Os cambios atmosféricos complicaron moito a extinción.

VDC: A prevención é importante

Si, tamén a título individual. Estamos vendo leña, biomasa, nos balcóns das casas dos pobos e ao pé das casas. Esto non pode ser. Temos que recuperar tamén o territorio e, para eso, a Xunta está abrindo o camiño de axudar a poñer en producción a terra. Temos o mellor servizo de extinción de Europa, pero non é suficiente senón hai unha recuperación e cuidado do noso territorio. Por poñer un exemplo, en Fervenza (O Barco) non houbo que evacuar, so confinar, porque o pobo estaba protexido pola terra cultivada, as hortas.

VDC: ¿A fin da situación 2 está preto?

Estamos próximos a rematar a fase de perigo. Pero hai que ser prudentes debido as condicións meteorolóxicas adversas. Esperamos que se normalice pronto a situación.

VDC: ¿Cómo valora o funcionamento do Pladiga?

Está funcionando perfectamente e supón o fiel reflexo da cooperación e coordinación de todas as institucións. Todos os anos na primaveira fanse reunións onde póñense todos os efectivos da Xunta riba da mesa. Despois hai reunións co Estado e os concellos, a través da Fegamp, e Deputacións. Nun lume nunha situación O e 1, cada territorio, concello e distrito forestal dispón dos seus medios, pero no momento no que hai risco e situación 2 como en Valdeorras, con perigo para viviendas, actívase un protocolo específico de emerxencias. O conselleiro de Medio Rural e o director de emerxencias estiveron na comarca, no propio lume ata altas horas da madrugada coordinando labores de extinción. Tamén recibimos axuda de todas as administracións e de todas as provincias galegas, ca excepción de Lugo porque, como Valdeorras, está pasando unha situación complexa cos incendios.

VDC: As brigadas deixáronse tamén a pel nunhas xornadas con temperaturas extremas

As altas temperaturas fan fácil a propagación e difícil a extinción. Con esas temperaturas, se fai mais complexo o traballo e temos que facerlles un recoñecemento ainda maior ao traballo que están desempeñando todos os integrantes do dispositivo, sin distinción. Teño que decir que moitos brigadistas despois de terminar a súa xornada laboral viñeron voluntariamente a seguir apagando o lume. Pola nosa parte procuramos facilitarlles o seu traballo, achegandolles comida e bebida fría, tanto no Posto de Mando Avanzado, como no propio lugar dos incendios. De feito, temos habilitado un servicio de catering.

VDC: Os veciños lanzáronse a apagar lume nos pobos…

Baixo a súa responsabilidade, si. Eu, como persona faría o mesmo. Hai que recoñecer esa valentía e esa aportación voluntaria nos núcleos urbáns. E tamén ter solidaridade co sufrimento das persoas que perderon as súas casas. Dende a Xunta, estamos a carón deles. Evidentemente, nada poderá paliar o dano que sufriron. Pero si imos axudar á recuperación total o parcial das propiedades.

VDC: ¿Como foi para vostede o traballo e esta experiencia no Barco?

Unha experiencia dura. Pero insisto que os verdadeiramente afectados son os veciños, os que imos axudar. Ao mesmo tempo coñecín ao personal da Casa Grande de Viloira, un centro do que estamos totalmente orguiosos. A Casa Grande de Viloira é unha xoia patrimonial, sede da Xunta, a casa de todos os cidadáns de Valdeorras e, como delegado, tamén a miña casa. Agradecinlles aos funcionarios o traballo que fan en Valdeorrass, unha comarca moi importante que tentamos achegar cada vez mais ao resto da provincia e da Comunidade Autónoma. No Barco tratáronme fantásticamente ben. En canto a os incendios, compartín personalmente a tristeza cos veciños afectados. Estamos a súa disposición para tentar mellorar a súa situación.