¡Feliz Día de Galicia!

Publicidad

Día de Galicia. 25 de xullo. Hoxe é un día grande, o día da patria galega, de Santiago Apóstolo, o día no que se reafirma a identidade dunha terra cunha personalidade única, que trascende fronteiras; unha terra chea de singularidades, con lingua propia, centro de peregrinación do mundo, un paraíso que enche de orgullo ás galegas e galegos.

E que mellor que os versos de Rosalía de Castro para loubar esta terra:

[…] Lugar máis hermoso

Publicidad

non houbo na terra

que aquel que eu miraba,

que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso

no mundo n’hachara

que aquel de Galicia,

¡Galicia encantada!

Galicia frorida,

cal ela ningunha,

de froles cuberta,

cuberta de espumas,

de espumas que o mare

con perlas gomita,

de froles que nacen

ó pé das fontiñas.

De valles tan fondos,

tan verdes, tan frescos,

que as penas se calman

nomáis que con velos;

que os ánxeles neles

dormidos se quedan,

xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras. […]

«Cantares Gallegos», 1863.

¡Feliz Día de Galicia!