Escolares de Valdeorras traballarán a lingua galega ca poesía de Florencio

Publicidad

Constuirán lemas que estarán presentes na gala do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

Este xoves 29 de setembro remata o prazo para a presentación de obras para o IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Mentras o xurado delibera, xa se avanzan os preparativos da gala de entrega do premio, que este ano pretende ser moi participativa. Así, o proxecto As Letras de Florencio inicia un percorrido polos centros de Primaria de Valdeorras para traballar co alumnado conceptos sobre a lingua galega presentes na poesía de Florencio.

Despois será ese alumnado o que constrúa os lemas que estarán no recibidor do Teatro Lauro Olmo no photocall da gala.

En total participarán nesta actividade máis de douscentos alumnos e alumnas de seis centros de Primaria da comarca de Valdeorras. O percorrido da actividade é o seguinte:

Publicidad
  • CEIP Manuel Respino da Rúa: mércores 28 de setembro
  • CEIP Condesa de Fenosa do Barco: xoves 29 de setembro
  • CEIP Virxe do Camiño de Rubiá: venres 30 de setembro
  • CEIP Otero Pedrayo do Barco: xoves 06 de outubro
  • Colexio Divina Pastora do Barco: luns 10 de outubro
  • CEIP Julio Gurriarán do Barco, data por determinar

No caso do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín, como veciños da aldea de Florencio, a súa participación na gala centrarase noutro cometido que se desvelará na presentación do evento no mes de outubro.

O obxectivo é que toda esta rapazada, valdeorreses e valdeorresas do futuro, vivan como algo especial e sentíndose protagonistas os eventos do ano de Florencio.