Durán: «Abertal volve ao escenario o Día das Letras Galegas en A Rúa»

Publicidad

O fundador e presidente da agrupación invita a disfrutar da música tradicional o 17 de maio na vila, a partires das 18,30 horas

Abertal porá música e colorido ao Día das Letras Galegas en A Rúa. O vindeiro 17 de maio, día propio da celebración, a partires das 18,30, a agrupación de música e baile tradicional percorrerá varias rúas céntricas da vila. As 19,00 horas actuará o grupo de gaitas, pandereteiras e baile na Praza do Concello. Durante o acto, intercalaranse pasaxes da vida de Xela Arias, escritora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Manoel Anxo Durán Blanco, fundador e presidente do recientemente grupo consistituido en asociación, di que nesta xornada tan especial Abertal volta a escenario ante o público despois dun ano de pandemia. Invita a disfrutar da música e o baile nesta xornada tan especial.

Abertal rexurde con forza ante o público o 17 de maio e cun repertorio propio no caso da banda de gaitas, ¿non sí?

Publicidad

Sí. Estamos creando un «Repertorio do noso entorno» que é con pezas ou ben compostas por xente da escola ou afín a ela, que falan de nos, da comarca, de Valdeorras. No acto serán colocadas sillas, con todos os protocolos anti-COVID, para que o público poda disfrutar con seguridade.

Publicidad

¿Como afectou a pandemia a Abertal?

A pandemia foi un mazazo para toda a cultura e, lóxicamente, para as escolas de música tradicional. Parados de todo non estivemos. Tivemos que adaptarnos aos novos tempos. Ir parando a escola cando non se podía abrir. O medo e a precaucación fixo que contase con bastantes menos alumnos que o curso anterior. Este ano foi raro. Confiamos en que a partir do verán a situación poida normalizarse un pouco.

Abertal se estrea como asociación

Abertal acaba de constituirse en asociación cultural e xuvenil. Aínda estamos cerrando todo o papeleo da documentación. Xa non dependemos do Concello de A Rúa. A nosa idea é facer en 2022 unha campaña de captación de socios e de alumnos, para xuntar ao maior número de membros. Ademais da cuota que aporten socios e alumnos poderemos optar a axudas para a actividade da escola. O Concello de A Rúa tamén vai seguir apoiando a Abertal.

En novembro de 2020 chegou a túa xubilación, despois de compaxinar o teu oficio sin descanso coa escola de música de Abertal, o teu día a día xa non e tan axitado como antes?

Presido a asociación e organizo toda a actividade de Abertal. Teño mais tempo para dedicar a música, pero xa non dou clases.

Óscar Guerra leva agora a formación da banda de gaitas

Abertal non se entende sen Manoel Anxo Durán…

Bueno. Penso que hai que dar paso a xente nova. Agora as clases do grupo de gaita as da Óscar Guerra; Xilda Durán continúa dando percusión e pandereta; Manolo Covas sigue impartindo baile e pandereta e incorporouse como novo profesor de acordeón Suso Rodríguez, que sustituiu a Olegario.

¿O Día das Letras é..?

Para mín a Letras Galegas son todos os días. Pero é certo que o 17 de maio é unha data de celebración para a reivindicación das nosas letras. Abertal sempre participou desta festa tan especial.