Será unha xornada de gran festa na que participarán artesáns e produtores locais e tamén instalarase unha pulpeira
A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo (Vilamartín), que preside Soledad Figueroa, organiza a segunda edición da Feira de Produtos Tradicionais, o día propio das Letras Galegas, o 17 de maio.
Será unha xornada de gran festa para exaltar as Letras Galegas na que participarán artesáns e produtores locais de pan, viño, bica, mel e artesanía, entre outros moitos, e instalarase unha pulpeira, Matilde da Rúa, para que os asistentes teñan a alternativa de disfrutar tamén da gastronomía.
Soledad Figueroa conta que se no 2022 Córgomo foi a capital das Letras Galegas, adicada entón a Florencio Delgado Gurriarán, unha data histórica en Valdeorras. Dende o ano pasado, as mulleres de Córgomo lle dan continuidade a este fito e as mulleres o proxectan con actividades (tamén haberá un obradoiro de narración oral nos días previos con Anxo Baranga) «para manter ese espírito vivo do día Das Letras Galegas», expresa, lembrando que o ano pasado foi todo un éxito de participación.
A Real Academia Galega (RAG) dedica este ano o Día das Letras Galegas a Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004), que tamén terase moi presente nesta xornada nesta localidade de Vilamartín.
E que mellor que vivir o Día das Letras Galegas que en Córgomo.