As Letras de Florencio pasan a testemuña a Lourenzá

Publicidad

As Letras Galegas de 2023 están adicadas a Francisco Fernández del Riego

Membros de As Letras de Florencio viaxaron a Lourenzá (Lugo) a pasar a testemuña das Letras Galegas. A delegación valdeorresa foi recibida no Concello pola alcaldesa, Rocío García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e Isabel Vilalba e Xosé Lois Rivera, membros da Mesa Don Paco, coordinadora dos actos das Letras en Lourenzá.

Os representantes de Valdeorras achegaron un poema de Florencio tallado en castiñeiro e uns exemplares da antoloxía poética dedicada a Valdeorras e publicada este ano. E os de Lourenzá tamén fixeron o propio, agasallando aos valdeorreses con diversos detalles, entre eles fabas de Lourenzá.

Ata Lourenzá desplazáronse Enrique Álvarez Barreiro, alcalde Vilamartín; Margarida Pizcueta, concelleira de cultura do Barco; Débora Álvarez Moldes; directora do proxecto As Letras de Florencio, Joaquín Sánchez, da Ruta do Viño de Valdeorras; Luis Fernández Gudiña, concelleiro da Rúa e Elva Delgado, familiar de Florencio.

Publicidad

Foi un acto espontáneo, organizado por As Letras de Florencio, que convertiuse nun encontro entre as dúas comisións organizadoras das Letras Galegas.

 O Día das Letras Galegas de 2023 está dedicado a Francisco Fernández del Riego. Precisamente, o sábado da comenzo o calendario de celebracións en Lourenzá aproveitando o aniversario do nacimento do escritor (naceu o 7 de enero de 1913 e morreu o 26 de noviembre de 2010), coñecido na súa terra natal como Don Paco.