Letras Galegas: Buscar versos no comercio local do CCA O Barco ten premio

Publicidad

O Centro Comercial Aberto e os centros educativos volven a celebrar xuntos a campaña das Letras Galegas

Os centros educativos de O Barco e Rubiá volven a festexar xuntos a Semana das Letras Galegas. O programa de actividades foi presentado recentemente polos equipos de dinamización da Lingua Galega e o presidente da asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, Jacobo Arias.

Do 14 ao 31 de maio, veciñas e veciños poden buscar os versos dedicados ás cantareiras e a poesía popular oral nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto, búsqueda que ten premio: Entrar nun sorteo dun vale de compra de 50 euros para gastar nas librarías do CCA.

Os comercios participantes exporán fotos dos alumnos inspiradas nos versos do Cancioneiro Popular Galego. A cidadanía tamén poden sumarse a esta iniciativa identificando os escaparates que amosarán os versos.

Publicidad

O presidente do CCA O Barco, Jacobo Arias, animou a participar desta campaña que exalta as Letras Galegas.

Pola súa banda, o mestre Brais Moure sinalou que o obxectivo desta iniciativa é por en valor «a nosa lingua, literatura e a nosa identidade» lembrando que as Letras Galegas reivindican ás cantareiras Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela.

Participan os colexios Conde de Fenosa, Otero Pedrayo, Divina Pastora e Virxe do Camiño (Rubiá), ademais dos institutos Martaguisela e Lauro Olmo. 

Ademais, haberá exposición de pandeiretas con versos no Paseo do Malecón.

Unha gran festa que une ao comercio e centros educativos.