A Rúa, Petín e O Bolo, na Fundación Florencio Delgado Gurriarán

Publicidad

Firmaron os convenios de colaboración e en próximas datas o farán os concellos do Barco, Vilamartín e Larouco

A Fundación Florencio Delgado Gurriarán asinou os primeiros convenios de colaboración, despois da súa recente constitución, cos concellos da Rúa, Petín e O Bolo.

A firma tivo lugar na Casa Consistorial da Rúa nun acto no que estiveron a alcaldesa da Rúa, María González Albert; a alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista e o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez, ademais da directora da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, Débora Álvarez Moldes e a secretaria da mesma, Eva Delgado.

Débora Álvarez Moldes destacou a implicación dos concellos, que aportan económicamente para o desenvolvemento das actividades que porá en marcha a Fundación.

Publicidad

Ademais destos tres concellos, se sumarán os do Barco, Vilamartín e Larouco. Débora Álvarez dixo que a Fundación está aberta a outros como os de Rubiá e Carballeda de Valdeorras.

Nesta semana, a Fundación xa programou unha reunión con Valentín García, director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, para falar dun dos proxectos da Fundación, a creación dun dicionario de valdeorrés en liña. “Este dicionario quere implicar aos centros educativos, asociacións e residencias da terceira idade. O obxectivo é acadar o apoio de Política Lingüística para o seu desenvolvemento”, precisou Débora Álvarez.

A Fundación bótase a andar con moitos proxectos sobre a mesa na súa aposta pola cultura.