A terra natal de Delgado Gurriarán esperta chea de sentimento reafirmando a súa identidade e situando a Valdeorras como referencia no mapa cultural
Florencio e as Letras Galegas deixaron en Córgomo unha pegada indeleble, o recordo dun día histórico, extraordinario, festivo que colocou a esta localidade de Vilamartín no centro dos focos.
Máis aló do seu claro protagonismo, a terra natal de Florencio Delgado Gurriarán viviu unha das súas xornadas máis emotivas e emocionantes que levaron ás súas veciñas e veciños a dar o mellor de se mesmos para mostrar un pobo que brillou con luz propia, adornado con esmero e mimo durante os días previos á gran celebración.
Os actos oficiais do día propia do noso, a lingua e a cultura galega, deron paso a unha celebración singular, enchendo de sentimiento as súas rúas engalanadas.
Os foráneos quixeron descubrir Córgomo, un pobo cunha nova proxección que alcanzou tamén a comarca de Valdeorras.
En cada recuncho de Córgomo luciron motivos alusivos a Florencio Delgado Gurriarán, murais e representacións artísticas para enxalzar a figura do poeta homenaxeado nas Letras Galegas. Pero todo iso non tería valor sen o espírito que reinou, a forte creencia na terra e no concepto do «noso».
As propias fillas de Florencio Delgado Gurriarán descubriron a esencia profunda de Córgomo, para expresar que entrou polos ollos e no corazón de cantos o visitaron.
Córgomo esperta cargado de sentimento, coa reafirmación da súa identidade e ca lembranza dunha xornada que xa non volverá pero que abre paso a unha nova etapa na súa historia.
As Letras Galegas deixaron a súa pegada en Córgomo, en Valdeorras, rescribindo un anaco da súa historia e situando a Valdeorras como referente no mapa cultural galego e no mundo.
Córgomo, Valdeorras e Florencio, unha nova suma na revitalización dun enclave que ten moito que expresar e amosar.
En imaxes: