Dixo que un dos seus obxectivos e quitarlle a maioría absoluta ao socialista Alfredo García
“O meu proxecto estrela camiña pola rúa, son as personas”, dixo o candidato do BNG a alcaldía do Barco, Suso Vilasánchez, durante o seu mitin central no Barco. Neste acto estivo acompañado polos deputados Iago Tabarés, Noa Presas e María González Albert.
Suso Vilasánchez dixo que un dos seus obxectivos e quitarlle a maioría absoluta ao PSOE de Alfredo García. “Iso é posible se confiades en nós”, puntualizou.
O candidato do BNG a alcaldía sinalou puntos dos seu programa como “non subir taxas nin impostos municipais”, a redución das rúas con “Zona Azul”, activar plans de emprego locais para fixar poboación, crear programas para a poboación vulnerable e de evellecemento activo, incrementar os orzamentos municipais para emerxencias sociais, impulsar o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.
Pola súa banda, Iago Tabarés manifestou que “o noso voto ten un toque de dignidade en Ourense, queremos persoas que estean para servir as institucións e Suso vaino facer porque ese é o noso sinal de identidade”.
Finalmente, Noa Presas, definiu a Suso Vilasánchez como “un referente de dignidade e de loita en defensa da sanidade” e dixo que hai “ruido na campaña para favorecer o inmobilismo”. Puxo como exemplo a seguir os concellos onde goberna o BNG como Allariz.