Ofrenda floral e «Vermú poético» en Córgomo ao redor de Florencio

Publicidad

Será o sábado 28 de agosto con motivo das actividades de fomento do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

A vindeira fin de semana, dentro das actividades de homenaxe e de fomento do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, celebrarase un novo evento ao redor da figura do poeta valdeorrés.

Trátase dunha ofrenda floral no cemiterio de Córgomo (Vilamartín), terra natal de Florencio,  e dun «Vermú poético».  Será o sábado 28 de agosto, a partires das 12,00 horas do mediodía.

Este Vermú Poético é unha reescrita dos textos dos galardoados no premio en edicións anteriores, creando un novo produto.

Publicidad
Publicidad

Participarán de forma presencial Jorge Moral, Andrea F. Maneiro, Raúl Gómez Pato, Xabier Xil Xardón, Bea Saiáns e Arancha Nogueira; mentras que Rafa Vilar e Roberto Rodríguez non poderán asistir.

Hai que recordar que aínda quedan uns día para o final do prazo de entrega de textos para nova a edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, concretamente ata o 1 de setembro. As bases pódense consultar na páxina web do proxecto As Letras de Florencio.