O Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán xa ten xurado

Publicidad

O prazo para presentar traballos está aberto ata o vindeiro 1 de setembro

A terceira edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, convocado polo Concello de Vilamartín co patrocinio da Deputación de Ourense en cooperación coa Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio, xa ten xurado. 

Os membros do xurado son Raúl Gómez Pato, o gañador da segunda edición do Premio; Xurxo Souto, cantante, xornalista e escritor; Inma López Silva, escritora e filóloga; Ledicias Costas, escritora de literatura infantil e xuvenil e Rosa Enríquez, poeta e filóloga, representando as letras da comarca de Valdeorras

Publicidad

Débora Álvarez, expresou que «como todos os anos sentímonos moi afortunados por poder contar con estes representantes da literatura e cultura galega».

Publicidad

A convocatoria do premio de poesía está aberta ata o vindeiro 1 de setembro e está dotado con 3.000 euros.

O premio é un dos actos de homenaxe ao autor, e de difusión de súa figura e obra, co gallo de fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.

As bases son as seguintes:

  • Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega
  • Enténdese por texto poético, a poesía ou composición literaria en verso, unitaria, en ningún caso se aceptarán poemarios ou conxuntos de textos poéticos
  • Os textos presentaranse mecanografados  en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregarase 1 copia da obra co formulario de inscrición correctamente cuberto, no caso de presentación física a través de Rexistro ou Correo Postal.
  • Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 15 versos e un máximo de 90 versos
  • Poden presentar escritos as persoas de calquera nacionalidade, agás aquelas que xa foran premiadas nas cinco anteriores convocatorias.
  • Cada persoa pode presentar ata un máximo de 3 textos a concurso, sempre e cando cumpran os requisitos aquí descritos.
  • O Concello de Vilamartín de Valdeorras considera o premio un adianto polos  dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación e de difusión dos textos a través do medio que considere oportuno
  • Os traballos non premiados serán gardados no arquivo para posibles traballos de análise e investigación, máis nunca para a súa publicación sen permiso previo (asinado no mesmo ano natural) dos/as propietarios/as
  • No caso de ser premiado, o/a gañador/a comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra; así como  o seu total sometemento ás bases do concurso
  • No caso de ser premiado, o/a gañador/a comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra; así como o seu total sometemento ás bases do concurso
  • A persoa gañadora autoriza o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Vilamartín cunha finalidade estatística. A persoa poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 mediante correo electrónico a concello.vilamartin@eidolocal.es ou mediante correo ordinario a Concello de Vilamartín de Valdeorras, Avenida da Constitución Nº 8, 32340. Vilamartín de Valdeorras (Ourense)