O Xacobeo achegou a música de Os D’Abaixo e Guadi Galego na Rúa

Publicidad

Tamén actuou o grupo de folk Os D’Abaixo

O ciclo de concertos Xacobeo no Interior chegou ata A Rúa para celebrar o San Cristóbal coa mellor música galega. Guadi Galego e Os D’Abaixo foron as bandas encargadas de poñer a bailar á veciñanza da zona. A festa comenzou ás 13,30 horas na Praza da Estación cunha sesión vermú amenizada polo grupo de folk Os D’Abaixo, e a partir das 21,00 horas comenzou o concerto de Guadi Galego.

Os D´Abaixo na Rúa

O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade.

Está pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes das comarcas da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, apoiando a promoción dos propios entornos rurais atravesados polo Camiño.

Publicidad

Trátase de “non centralizar os concertos xacobeos en Santiago de Compostela», tal como destacou a directora de Turismo, Nava Castro.

“Faime especial ilusión estar nestas localidades nas que non estiven nunca, sabemos que imos dalo todo», destacou Guadi Galego.

Xacobeo no Interior mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata a tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

O obxectivo é que a música galega brille con luz propia.

O ciclo arrancou o 1 de xullo en Sarria e o 10 de xullo, chegou cos de Os D´Abaixo e Guadi Galego ata Rúa e como remate, Uxía & Javier Ruibal e Leilía actuarán no Castelo de Monterrei o 4 de agosto.

Esta programación está dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22-Xunta de Galicia.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Actualmente, está en xira co seu último disco, Costuras.

Este traballo aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.

Tamén Os D’Abaixo son un grupo imprescindible do folk galego.

A banda formouse no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galilcia como Berrogüetto e Fía na Roca. En 2022 presentaron o seu disco Somos a pedra, que volve xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia.