O PP de Viana critica «a incongruencia e a inacción do novo goberno municipal para avanzar na necesaria licitación do Servizo de Axuda no Fogar»

Publicidad

Os populares lamentan que a día de hoxe aínda non se convocase o pleno organizativo do Concello e tamén «as presas do PSOE de revocar agora a revocación da recadación municipal da Deputación»

O PP de Viana do Bolo critica a incongruencia, a inacción e a falta de xestión do novo goberno municipal vianés, que a día de hoxe aínda non celebraron o pleno organizativo do Concello. Os populares consideran lamentable que no primeiro pleno que convoca o PSOE, «non incluíran na orde do día a tan necesaria licitación do SAF e da súa ordenanza polo ben dos nosos maiores e das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. E agora non o fan despois da tremenda oposición de bloqueo continuo e da asfixia financieira á que sumiron o noso Concello da man do BNG. É unha vergoña”, expoñen.

Lembran os populares que cando estaban na oposición, os socialistas «dicían ter a fórmula maxistral e a varita máxica que todo o solucionaba». Ademáis, no PP de Viana do Bolo poñen o foco nas presas que teñen agora no PSOE para revocar a revocación da recadación municipal coa Deputación. Consideran rexeitable «que o secretario provincial dos socialistas teña que ir á Comisión de Facenda da Deputación a actuar coma se fora el o alcalde de Viana, mentindo e dicindo que todo o tema da recadación fora un mal entendido».

Argumentan os populares que neste senso que existe un acordo plenario do 21 de novembro de 2024 no que o PSOE propuña (palabras textuais): a «elaboración dunha folla de condicións para sacar a licitación o servizo de recadación de impostos, co fin que poidan concursar, en libre competencia, as diferentes empresas do sector» .

Publicidad

Polo tanto, o Partido Popular de Viana do Bolo non entende o motivo desas presas e de que agora se lles pida apoio para este asunto cando non están a cogobernar: «Por que antes o PSOE estaba en contra de que ese servizo o fixera a Deputación e por que agora pide o noso apoio para volver a desfrutar do mesmo. ¿Será que necesita recadar? ¿Será porque nós cumplimos coa nosa palabra das reunións de negociación, nas que tiñamos moi claro que o campo de fútbol iría para diante sempre e cando se aprobasen os presupuestos e se licitase o SAF a nosa única preocupación?» , pregúntanse os populares.

Tamén lembran os populares as críticas de PSOE e BNG ao goberno de Andrés Montesinos, onde se lles acusaba de falta de iniciativa política, de incompetencia e indiferencia cara os problemas da veciñanza. «Unha vez mais a súa coherencia é tan sorprendente como inconsecuente. Están en constante renovación de principios: hoxe defenden o que antes lles parecía impensable e mañá… mañá seguro que o negan», sinalan.

Por último, lembran os populares que cando Viana do Bolo estaba a sufrir a peor vaga de lumes forestais da historia de Galicia, «mentras Viana ardía, mentres se queimada o noso rural e a nosa veciñanza loitaba sen descanso e con desesperación… o PSOE e o BNG ¡traballaban noutra cousa!»

Pero Viana non olvida, advirten desde o Partido Popular, «e como dixemos o outro día, estamos seguros que os ollos hoxe apagados en dous anos volverán a brillar e as voces agora afogadas volverán con más forza que nunca».

Susana Prieto
Licenciada en Ciencias de la Información por la Universidad Complutense de Madrid.