O Centro Comercial Aberto e seis centros escolares «retratan» a Xela Arias en O Barco

Publicidad

Celebran o Día das Letras cunha campaña con fotos que farán os alumnos e se exporán nos establecementos asociados

Aasociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización d Lingua Galega dos centros educativos barquenses na campaña das Letras Galegas “Revelando a Xela”, que homenaxea á poeta Xela Arias.

O alumnado dos colexios Conde Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo e dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela, tomou fotografías inspiradas nos versos de Xela Arias durante as últimas semanas.

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega escolleron as mellores fotografías de cada
centro educativo, un total de 56 imaxes que se amosarán, do 13 ó 31 de maio, nos escaparates dos establecementos asociados ó CCA O Barco participantes na campaña.

Publicidad

Por outra banda, a Xunta Directiva do CCA O Barco, como representante do colectivo
empresarial, votará polas seis mellores fotografías expostas nos comercios e bares ou restaurantes da vila.

Cada unha delas será premiada cun vale de compra por valor de 25 euros para investir en material escolar nas librerías do CCA O Barco.

A entrega de premios terá lugar na oficina do CCA O Barco (c/ España, 1) o martes 8 de xuño.