O BNG do Barco propón en dúas mocións automatizar servizos municipais e que o Conservatorio dependa da Xunta

Publicidad

As propostas as trasladará ao pleno da Corporación desta semana

O grupo municipal do BNG no Barco presentará no pleno do xoves 5 de setembro dúas mocións, unha sobre recomendacións tecnolóxicas no Concello e outra, sobre o Conservatorio.

A primeira delas proporá o acceso automatizado á sala CeMit do segundo piso do edificio multiusos (de 9 AM a 3
PM); una app móbil para acceder e reservar ás pistas deportivas, e crear unha web específica para Deportes e outra para Cultura, dentro do dominio concellodobarco.gal

A segunda moción pedirá que o Concello do Barco inste ao Goberno galego a que a Consellería de Educación asuma a competencia dos Conservatorios con titulacións oficiais; xestione e custee o servizo educativo na súa totalidade: mantemento, dotacións, materiais educativos e instrumentos, persoal docente e non docente.

Publicidad

O BNG propón nesta moción sobre os conservatorios que, en tanto planifican asumir a competencia dos conservatorios municipais galegos, se convoquen axudas para os concellos que cubran os custos da súa xestión; colaborar na substitución ou cobertura de prazas vacantes do persoal docente mediante listaxes da Consellería de Educación e proporcionar as ferramentas informáticas que se precisen.

Ademais, plantexa crear unha rede de conservatorios profesionais de música, agrupando os centros por comarcas, de acordo a criterios territoriais de proximidade, así como de poboación total, tendo en conta unha oferta equilibrada territorialmente e atendendo aos datos de poboación e propostas dos diferentes Concellos. E, finalmente, escoitar previamente ás direccións dos centros e as comunidades educativas e os Concellos para avanzar no obxectivo de que pasen a ser Conservatorios da Xunta de Galicia.