O BNG do Barco deu a coñecer a lista ca que concurre as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. É a seguinte:
1 | José Jesús Vilasánchez Feijóo | É concelleiro do BNG no Barco e foi Responsable Comarcal do Bng en Valdeorras. Enfermeiro de PAC, ocupou diversos cargos no Hospital de Valdeorras incluída a Dirección de enfermaría, da que dimitiu por discrepancias co rumbo que se lle estaba dando á sanidade da comarca. Coñecido activista na defensa da sanidade pública valdeorresa e na defensa da cidadanía, participando activamente nas reivindicacións de preferentistas e emigrantes retornados. Agora inmerso no desenvolvemento da vila en todos os seus aspectos. |
2 | Manuel Agra Villar | Profesor xubilado de Lingua Galega e Literatura do IES Martaguisela do Barco. Amante e defensor comprometido coa nosa comarca. Foi Responsable Comarcal do BNG en Valdeorras |
3 | Noa Fernández Gómez | Avogada de profesión. Participante nos movementos estudantís a través dos CAF (Comités Abertos de Facultade). Formou parte da Xunta de Facultade de Dereito e do Claustro da USC, defendendo os intereses do Estudantado. Militante activa no asociacionismo xuvenil. Foi Responsábel Nacional de Organización de Galiza Nova, e Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova |
4 | Javier Rocha Rivera | Enxeñeiro informático pola facultade de Ourense , casado e sen fillos que coma outros barquenses saíu fóra para seguir formándose na Suecia e traballar na Irlanda. Voltou á vila vai uns anos pra estar máis preto das súas orixes |
5 | Blanca María Rodríguez Ávila | Administrativa, implicada na defensa do país e feminista |
6 | Manuel Agra Sánchez | 23 anos, Graduado en Historia pola USC, estudante do Máster de profesorado na U. Vigo. Militante de Galiza nova dende os 16 anos |
7 | Luisa Gómez Vidal | Licenciada en Historia, traballa nunha asesoría da vila, e dende que se creou o BNG na comarca sempre foi unha das candidatas do BNG ao Concello. Participou sempre nos movementos estudantís e xuvenís |
8 | Ramona Iglesias Árias | Enfermeira, sindicalista de xoven, moi preocupada polo rumbo da Sanidade Pública na comarca |
9 | Manuel Carlos Caramés Varela | Pediatra da Atención Primaria do Barco, aficionado ao teatro, e comprometido con Valdeorras e Galiza |
10 | Daniel Calvo Rodríguez | Graduado en Filoloxía Galega e Lingüística pola USC |
11 | Lidia Moscoso Naya | Enfermeira no Hospital de Valdeorras, |
12 | Miguel Angel Rodríguez Ávila | Barquense preocupado pola sanidade pública. Celador no Hospital de Valdeorras |
13 | Concepción Rodríguez Rodríguez | Mestra xubilada |
14 | Telmo Manuel Fernández Gonçalves | 24 anos, Graduado en Historia pola USC, cun mestrado en Historia Contemporánea con TFM sobre a biografía de Florencio Delgado Gurriarán, tema do que ten dado numerosas palestras. Actualmente, está cursando o mestrado do profesorado na Universidade de Burgos |
15 | María Fernández Rei | Traballadora na Administración Pública . Formou parte de varias candidaturas do BNG |
16 | Lorena Blanco García | 26 anos, enfermeira, defensora da sanidade pública e contra o desmantelamento do Hospital do Barco. Implicada en facer un proxecto de vila que xire en torno ao benestar social, onde o Hospital de Valdeorras sexa o de referencia para toda a comarca, un hospital ben dotado da tecnoloxía e persoal que evite os desprazamentos que poñen en risco a atención, seguridade ou incluso a vida dos nosos veciños e veciñas |
17 | Xoaquín Carlos Freixeiro Álvarez | Mestre do CEIP Condesa de Fenosa. Músico. Foi concelleiro do BNG |
SUPLENTES | ||
1 | Juán José Rodríguez Rodríguez | Xubilado, militante histórico no galeguismo, e defensor do seu concello e da interconexión urbano rural. Fillo dunha muller represaliada e encarcerada acusada de ser unha enlace da guerrilla antifranquista |
2 | María Victoria Sánchez Regueiro | Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC en 1997. Entre o ano 2000-2017 exerceu como docente no IES Martaguisela do Barco. Milita activamente no BNG dende o 2011 |
3 | Vitor Manuel Sierra Nieves | Xestor cultural, curador de arte e profesor. Implicado en varios activismos como o independentista, feminista, LGTB, cultural e da nosa lingua. Para el todas as loitas son unha. Comezou aos 15 anos en Galiza Nova da que foi Responsable Comarcal. Foi peza chave na Plataforma Sanitaria cando se desmantelou a área de Valdeorras e foi concelleiro do BNG no Barco |