Nace a I Feira Irmandiña do Bolo, o 14 de agosto

Publicidad

Inclúese no marco dunha amplia programa festiva e contará con postos de produtos locais, artesanía, música, xogos infantís, visitas guiadas de balde pola historia e un xantar popular a base de arroz con androlla

O alcalde do Bolo, o socialista Alberto Vázquez; o tenente de alcalde, Miguel Ángel García (Somos O Bolo) e o segundo tenente de alcalde, Vicente Sabín Fernández, presentaron hoxe o programa de actividades e festas do concello cunha gran novidade, a primeira Feira Irmandiña, o próximo 14 de agosto.

O obxectivo desta feira —coa que se estrea o novo grupo de goberno— é impulsar o coñecemento da historia e cultura do concello e dos seus produtos tradicionais para atraer máis visitantes e xerar movemento social e económico. De feito, agosto é o mes festeiro por excelencia, unha data na que o concello aumenta a súa poboación coa volta de personas emigradas en Cataluña, País Vasco, Francia, Suiza, Alemaña e outros lugares de mundo.

A I Feira Irmandiña celebrarase desde as 11,00 horas da mañá ata as 21,00. Haberá unha ducia de postos, instalados durante toda a xornada ao lado do castelo, con produtos da vila e a comarca como viño, aceite, mel e embutidos, entre outros.

Publicidad

O alcalde, Alberto Vázquez, dixo que a música soará con cantos de taberna, que haberá tamén artesanía e que estarán os Bois de Mario Nogueira. Ademais, dentro do recinto amurallado instalarase un posto de comida e nos arredores haberá xogos para os nenos.

O asalto dos Irmandiños: Visitas guiadas

O alcalde de que haberá visitas guiadas de balde ás 11, 13,30, 18 e 19,30 horas nas que contarase a historia dos Irmandiños e o seu papel no castelo. De feito, a feira parte dun feito singular que ocorreu no castelo no século XV, o asalto á fortificación por parte dos Irmandiños, que provocou a destrucción de parte da edificación e a súa posterior reconstrucción. Trátase dunha parte da historia do castelo pouco coñecida e única en Valdeorras que o concello quere promocionar e poñer en valor.

Alberto Vázquez dixo que estase organizando un xantar popular dentro da fortaleza cun menú a base de arroz con androlla. «E un prato delicioso que ten tradición e que xa o facían as nosas avoas», relatou.

Pola súa banda, Miguel Ángel García sinalou que «temos claro que os nosos produtos son moi e queremos que todos os que se acheguen póidanos degustar e comprobar a súa calidade. É importante darlles visibilidade. A feira é un bo comezo». Tamén suliñou que o Concello sempre respaldará iniciativas dos produtores que aposten pola terra do Bolo.

Ambos animan a veciños e visitantes a «vir á feira vestidos de época» para sentirse señores e irmandiños da Idade Media durante un día. «Nos iremos ca indumentaria propia», apuntaron.

O debuxo do cartel da Feira Irmandiña foi realizado a man por Gala ML e o deseño por Solfiro.

Festas e eventos

A feira está incluida nun amplio programa de festas e eventos no municipio. O concello colabora coas comisións cunha achega económica.

O día 5 de agosto hai festas en Vilaseco e Paradela. O 6 de agosto, en Xaba; o 11 e 12, en Lentellais (na horna de San Simón); o sábado 12, as 14,00 horas, unha Paella Popular e degustación de xamón no pavillón do Bolo (o precio é de 10 euros). O día 13 actúa o Mago Teto no patio de armas do Castelo; o 14 é a I Feira Irmandiña; o 15 e 16 son as Festas da Asunción no Bolo coa actuación do Grupo Yucatán e Orquesta Galilea.

O día 17, ás 19,30 horas, será a IV Andaina nocturna Ruta entre cerdeiras e castelos; e o día 19, ás 21,00 horas, haberá unha visita teatralizada ao Castelo do Bolo.