Luis Menor: «É unha falta de lealdade dicir que a Deputación non coopera ca ponte de Barxa, aporta a parte do Concello do Bolo»

Publicidad

O presidente da institución provincial de Ourense di que se destinan máis de 150.000 euros á obra

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou hoxe en Valdeorras o compromiso da Deputación de Ourense coa reconstrución da Ponte de Barxa sobre o río Xares, no Concello de O Bolo, obras para as que a institución ourensá aprobou recentemente unha subvención nominativa de 132.000 euros ao citado concello. Ademais, a Deputación asumiu o pago da redacción do proxecto, así como a súa posterior modificación, por un importe total de 18.150 euros. En total, 150.150 euros de orzamento da Deputación para esta infraestrutura.

Menor lembrou este compromiso provincial ante as preguntas dos medios de comunicación, tralas últimas informacións publicadas nas que erroneamente representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e do propio Concello de O Bolo aseguran que a Deputación non se fixo cargo das actuacións.

O presidente provincial lembrou ademais o convenio bianual establecido entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para acometer a totalidade das obras que, posteriormente, foron asumidas no 80% dos custes pola CHMS. Porén, 0 20% restante que correspondería asumir ao Concello de O Bolo, é asumido pola Deputación de Ourense grazas a esa financiación de 132.000 euros, acordada na xunta de goberno do pasado 21 de abril de 2025.

Publicidad

«Mentres que o Concello do Bolo estivo en mans do PP, a Confederación Hidrográfica non quixo saber nada da reconstrucción da Ponte de Barxa, puxo todo tipo de obstáculos técnicos, ata o punto que había un convenio entre a Deputación e a Xunta de Galicia, bianual, que acometía a totalidade do custe das obras, pero por diversas cuestións non foi posible», valorou Luis Menor.

Agora —engadiu— «é curioso que cando hai un cambio de color político no Concello fai un convenio e asume o proxecto. O que me parece mal é que o proxecto, que foi pagado pola Deputación, e que agora o 80 por cento o pon a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, é que o 20 por cento que pon o Concello o pon a Deputación. O Concello paga o proxecto con fondos que da a Deputación íntegramente. É unha falta de lealtade», concluiu.