28.8 C
O Barco de Valdeorras
viernes, agosto 14, 2026
Publicidad

Luis Menor cumpre 3 anos como presidente da Deputación: «A relación con Valdeorras é continua, demostramos que temos palabra e feitos»

Publicidad

O presidente da Deputación de Ourense fai un balance positivo: «A institución provincial está para axudar, creo que para ninguén está sendo un problema e para moitos é unha solución»

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, cumpriu tres anos ao fronte da institución provincial este mes de xullo, concretamente o día 17. Di que está satisfeito, coa responsabilidade que significa dirixir unha entidade provincial «que abarca unha provincia tan dispersa». Valora que o resultado e bó, e que boa parte dos obxectivos que se marcou na toma de posesión, se cumpriron.

Luis Menor fala de Valdeorras, coa que mantén xa unha relación familiar con visitas de traballo continuas á comarca, lembrando que a implantación da delegación da Deputación «foi novedosa e altamente fructífero para Valdeorras. E as probas me remito, porque nos coñecemos todos, traballamos con facilidade, facendo seguimento dos temas da zona, con continuidade e cercanía. Cada mes e medio estamos na Casa Grande de Viloira para reunirnos cos alcaldes e asociacións».

Facendo un guiño a Valdeorras, «na que me sinto especialmente cómodo desde o primeiro día que viñen aiquí», sinala que «demostramos que temos palabra e feitos nesta comarca, onde cumprimos e viñemos de forma continua, pese aos que dicían que non ía ser así. A familiaridade cos concellos e coas entidades é produto desa relación continuada, dese escoitar e tratar de cumplir».

Publicidad
Luis Menor, presidente de la Diputación de Ourense y María del Carmen González
Luis Menor con María del Carmen González, delegada da Deputación en Valdeorras

Modelo de financiación

Desde o punto de vista provincial, Luis Menor subliña que o gran logro do seu mandato foi o cambio de financiación dos concellos, unido ao incremento de fondos destinados a eles (pasouse de 31 millóns de euros de inversión e agora mesmo está en 105 millóns) .

«Esto conleva un reparto equitativo dos fondos, que beneficia a todos os concellos por igual e que nos permite non so ter máis fondos senón tamén cunha claridade absoluta: o 1 de xaneiro xa se sabe o que cada un ten de tal xeito que cando se fan os orzamentos xa se pode contar coas partidas, que da libertade para planificar con tempo, para executar e adaptalo ás necesidades».

Luis Menor indica que hai áreas da Deputación de Ourense das que se atopa especialmente satisfeito como é a de Cultura, onde se fixo unha gran aposta con programas culturais que son un referente; Deporte, con accións, obras e infraestruturas, citando neste eido unha de moitas iniciativas como é o próximo convenio co Concello de Vilamartín para o acondicionamiento do campo de fútbol do CD Córgomo; a multiplicación de inversións nas estradas provinciais e o apoio a sectores estratéxicos como o regadío da Limia.

Residencias e servicios sociais

Pero tamén expón o labor e compromiso da Deputación de Ourense cos colectivos máis vulnerables e as personas maiores citando a construción de 16 residencias ou centros de maiores na provincia de Ourense.

Neste último ámbito sinalou que «somos a provincia máis beneficiada pola Xunta conseguindo 18 millóns de euros de inversión e 500 novas prazas para personas maiores». De feito, «somos a Deputación que máis convenios ten coa Xunta en materia de prevención de incendios, servicios sociais etc. O balance, o meu modo de ver, é moi positivo«, remarcou.

O presidente da Deputación tamén fala da implicación da institución provincial cos servicios sociais, aumentando o presuposto destinado a iniciativas e entidades sociais.

Actividade económica

Califica de gran relevancia o papel da Deputación no impulso a actividade económica da provincia: «Demandamos inversións estratéxicas e infraestruturas claves en parques e polígonos empresariais, para xenerar riqueza e emprego», poñendo como exemplo a estación de mercadurías de San Cibrao, que «é fundamental para o desenvolvemento da provincia»

Axuda aos concellos

Finalmente, Luis Menor di que «creo que a Deputación para ninguén está sendo un problema e para moitos está sendo unha solución, que é, en definitiva o que moitos buscamos: axudar«, poñendo como exemplo o traballo que fixo a institución provincial no selado do vertedoiro que ardeu na Rúa no verán de 2025 o as labores para restaurar a situación despois das tormentas na Bouza (Viana do Bolo). «A Deputación axuda aos concellos e o balance, tres anos despois, é moi positivo», conclúe.