O presidente da Deputación de Ourense cita as rebaixas fiscales para familias, empresas o acceso á vivenda e actuacións para recuperar zonas castigadas polos incendios, entre outras
O presidente da Deputación de Ourense e líder provincial do Partido Popular, Luis Menor, realiza unha positiva valoración do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2027, poñendo en valor a estabilidade e o rigor do Executivo galego ao presentar este proxecto «unha vez máis en tempo e forma, por décimo oitavo ano consecutivo».
Luis Menor destaca que o «eixo fundamental» destes orzamentos é dar resposta ás prioridades reais da sociedade, subliñando o enorme peso das políticas de benestar, celebrando o feito de que «tres de cada catro euros son para o sector social», á vez que se impulsan importantes «rebaixas fiscais para familias, empresas e o acceso á vivenda».
En clave territorial, o presidente sinala que Ourense é a provincia que máis recursos recibe por habitante (6.040 € por persoa), subliñando que o traballo do Goberno galego tradúcese en realidades moi claras, tanto na capital como no resto da provincia. Así, en Sanidade e Política Social Ourense seguirá «en primeira liña» grazas ao forte esforzo investidor destinado a continuar as obras e equipamento do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), así como á mellora de hospitais comarcais e centros de saúde.
No ámbito dos coidados, puxo en valor a futura posta en marcha en Ourense da nova residencia de maiores financiada pola Fundación Amancio Ortega e «o gran volume de recursos» (58 M€) destinados aos bonos de dependencia.
En política de vivenda, o presidente asegurou que «só podemos falar de realidades», destacando o gran impulso á construción de vivenda pública, a creación de chan residencial e as axudas para a rehabilitación no rural.
En materia de mobilidade, engadiu, «a Xunta cumpre os seus compromisos con infraestruturas vitais» como a rolda este ou o novo acceso ao CHUO.
Luis Menor lembrou a constante reivindicación de máis chan industrial para captar novas empresas e xerar máis emprego, polo que aplaude o impulso que recibirán os grandes parques empresariais da provincia, comezando polos 9,7 M€ destinados á ampliación do polígono de San Cibrao.
Ademais de valorar o firme compromiso educativo que permitirá a construción de novos centros de ensino, como os 11 millóns do futuro instituto de Pereiro de Aguiar, tamén se referiu ás actuacións recollidas nos orzamentos para recuperar a zonas castigadas polos incendios forestais, celebrando o incremento de fondos para a prevención e defensa contra vos incendios forestais e para recuperar os espazos naturais destruídos.
Tamén resaltou a necesidade de facer un uso máis eficiente dos recursos hídricos mediante importantes melloras no saneamento e a depuración.
Finalmente, Luis Menor quixo destacar a excelente sintonía institucional, lembrando que a institución provincial que el preside máis a colaboración que mantén coa Xunta de Galicia se traduce en proxectos conxuntos estratéxicos para o territorio plasmados na proposta de orzamentos para 2027.






