Despois dunha fin de semana intensa de actividades prosigue o programa na comarca arredor de Florencio Delgado Gurriarán
Valdeorras festexa as Letras Galegas. A fin de semana xirou arredor de Florencio Delgado Gurriarán. O Serán Poético foi unha das actividades que se desenvolveu no Barco, na que os versos do poeta de Córgomo esparexéronse por diversos espacios da vila ca presencia de Barullo e Fátima Delgado.
E os mais pequenos tiveron ocasión de disfrutar de «Florencio nas ondas» co espectáculo infantil de Raquel Queizás e houbo obradoiros de xogos tradicionais.
Tamén na Rúa Florencio e as Letras Galegas estiveron moi presentes. A a agrupación cultural Abertal rendiu homenaxe a Florencio ca súa música e baile.
A festa das Letras Galegas continúa, queda moita programación por diante. Hoxe luns, 16 de maio, pola mañá haberá visitas a Córgomo de escolares do Condesa de Fenosa, unha exposición de Primaria no CEIP Virxe do Camiño de Rubiá e unha exposición de Secundaria no IES Cosme López da Rúa.
Pola tarde, as 19,00 horas, haberá un concerto de Sr Jingles no exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco; as 20,00 horas concerto das Letras do Consello da Cultura Galega e as 22,00 unha recepción-cea cos familiares de Florencio e membros da Real Academia Galega (RAG).
O día grande, martes 17 de maio, ás 11 será o acto central da Xunta no Teatro Lauro Olmo; ás 12,30 actuará Acordeireta en Petín; 12,30 o pleno extaordinario da RAG en Córgomo; ás 14,00 horas «Florenciada e xantar popular» polas rúas de Córgomo con cantos de taberna; ás 18,00, concerto na Aira dos Bolos do grupo Acordeireta e as 20,00 horas chega «Tras os Vieiros de Florencio» de Fantoches Baj no Teatro Lauro Olmo do Barco.
Un canto á cultura e a Florencio en Valdeorras.