Abertal marcou o paso das Letras Galegas en A Rúa

Publicidad

Supuxo a volta ao escenario da agrupación despois da pademia e rendiu homenaxe a Xela Arias

Abertal marcou o paso do Día das Letras Galegas en A Rúa. A posta en escea da agrupación supuxo a volta ao escenario, despois dun longo ano sen actuacións pola pandemia.

As pandereiteras, o grupo de baile e a banda de gaitas conquistaron ao público e rememoraron a figura de Xela Arias, escritora á que se lle rendiu homenaxe.

Abertal volveu a dar o mellor de si mesma na execución da música e baile tradicional galego a través dos distintos grupos que a conforman.

Publicidad

A ledicia foi a tónica dominante dunha tarde que devolveu á memoria os tempos sin Covid.

Unha vez mais, o público recoñeceu a laboura desta grande escola.

As Letras Galegas foron de Abertal, de A Rúa.