A Deputación edita o Programa Provincial do Entroido 2026

Programa Entroido 2026
Publicidad

A publicación será distribuída en oficinas de Turismo e locais de hostalería, tamén se pode consultar online e recolle os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido 2026, unha publicación que será distribuída en locais de hostalería e oficinas de Turismo de toda a provincia para promocionar esta celebración etnográfica entre a veciñanza e os visitantes.

Esta publicación que a Deputación edita desde 2017, recompila os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos da provincia, a celebrar entre o 7 e o 22 de febreiro, aínda que en case todos os municipios ourensáns contan con algún evento ao redor desta celebración tan senlleira.

Once entroidos galegos contan coa Declaración de Festa de Interese Turístico, dos cales sete de eles están na provincia de Ourense. Actualmente, o de Xinzo é de Interese Turístico Internacional, o de Verín de Interese Turístico Nacional, aos que se sumaron nesta edición por primeira vez, os de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, e os de Maceda e Laza son de Interese Turístico Galego.

Publicidad

Cabe destacar que nesta última edición de Fitur foron presentados os «Entroidos do Oriente Ourensán», trala súa recente declaración de Festa de Interese Nacional, captando a atención de numerosos visitantes á feira.

Ademáis, a Deputación abriu o Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, coincidindo con estas datas desta celebración etnográfica e estará aberto, inicialmente, ata o mes de xuño.

Ademais de en formato físico, a guía do Programa Provincial do Entroido 2026 pódese consultar tamén na seguinte dirección de internet:https://web.turismourense.com/es/eventos/programa-entroidos-da-provincia-de-ourense