Volta e Dalle Teatro leva a escena Falar por Falar o 20 de outubro no Barco

Publicidad

O espectáculo será no Teatro Lauro Olmo as 21,00 horas

Volta e Dalle Teatro leva a escena Falar por Falar o próximo venres 20 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco a partir das 21,00 horas, dentro da programación cultural do Concello. As entradas á venda dende unha hora antes na billeteira.

A senopse céntrase no futuro incerto da lingua galega. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, hai un descenso de falantes, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso «Falar por Falar» propón un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.

Texto: Carlos Santiago
Dirección:Carlos Santiago
Elenco: Carlos Santiago e Victor Mosqueira
Escenografía : Pancho Lapeña e Pepe Penabade
Vestiario: Carlos Alonso

Publicidad