24.6 C
O Barco de Valdeorras
viernes, julio 24, 2026
Publicidad

José Novoa: «Platea Lúa pon en valor o patrimonio a través do teatro»

Platea Lúa, José Novoa
Publicidad

A asociación ourensana realizará tres visitas teatralizadas polas rúas de Petín, Vilamartín e O Castro (O Barco) os días 7 de agosto, 21 de agosto e 11 de setembro, respectivamente

José Novoa, presidente da Asociación ourensana Platea Lúa, da a coñecer que este colectivo desenvolverá en agosto tres «Visitas teatralizadas» en Valdeorras, concretamente en Petín (7 de agosto, a las 21,30 horas), Vilamartín (21 de agosto ás 21,30 horas) e O Castro (O Barco) (11 de setembro, ás 21,30 horas). Achegará teatro dinámico, percorrendo rúas, prazas e espacios emblemáticos de cada concello, cunha posta en escena inspirada na historia, singularidades e identidade de cada lugar e, tamén, o do Xacobeo e o Camiño de Inverno.

José Novoa explica que as tres iniciativas están enmarcadas nun conxunto de dez da Axencia de Turismo de Galicia relacionadas co Xacobeo e cas rutas xacobeas que pasan pola provincia de Ourense hacia Compostela, no caso de Valdeorras o Camiño de Inverno.

A representación de Petín o 7 de agosto xirará en torno a historia xeral deste municipio, a Vía Nova, os viños de Valdeorras, percorrendo as rúas desde a Ponte da Cigarrosa e a beira do río ata o casco antigo, a igrexa, un antigo forno e outros espazos importantes da localidade. «No percorrido haberá cuatro o cinco paradas onde facemos a representación«, di José Novoa.

Publicidad
Platea Lúa en unha representación teatral en Vilamartín

En Vilamartín, o 21 de agosto, «hai que falar de viño e de covas, é fundamental» —expón—. Por iso, o percorrido da representación teatral achegarase as covas, historia e lendas do concello. Empezará na Praza de José Luis Núñez hacia as rúas das covas con varias paradas en algunha delas.

No Castro (O Barco), o 11 de setembro, empezará diante do Pazo e percorrerá varias rúas, pasará diante da Torre e chegará á igrexa.

O horario de cada unha das tres representacións, as 21,30 horas, cara á noite, tamén ten o seu sentido: «darlle outro empaque, outra forma de velo».

«O obxectivo de Platea Lúa e poñer en valor o patrimonio arquitectónico, etnográfico, etc. a través do teatro e darlle outro sentido», expresa José Novoa.

En el Santuario de As Ermidas

Máis de 25.000 espectadores

A Asociación cultural Platea Lúa xa ten actuado en Valdeorras, en zonas como As Ermidas (O Bolo), Petín e Vilamartín, entre outras.

Platea Lúa naceu en 2015. Desde entón, máis de 25.000 espectadores disfrutaron nalgún momento dos seus espectáculos, una cifra de relevancia que consolida esta asociación e agrupación teatral como unha referencia na provincia de Ourense.

Para José Novoa, o teatro pódese convertir nun instrumento para dar a coñecer o patrimonio e recursos dun lugar, enfoque co que Platea Lúa desenvolve a súa actividade.