Un domingo con Florencio en Vilamartín: Roteiro e antoloxía poética

Publicidad

O 27 de marzo pódese participar nun acto cultural en torno a figura de Delgado Gurriarán

O próximo domingo 27 de marzo preséntase en Vilamartín de Valdeorras o libro «Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética». A obra, de Editorial Galaxia, é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez, impulsoras do proxecto As Letras de Florencio, e que inclúe un prólogo de Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.

Esta nova antoloxía foi concebida para achegar a obra de Florencio a todos os públicos, incluindo a súa faceta de tradutor, e na súa presentación estarán tamén Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, e Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

A presentación do libro será ás 12, 30 horas no centro Social Santa Lucía e previamente farase un roteiro arqueolóxico por algúns dos vestixios históricos que se atopan nos arredores de Vilamartín. Será guiado por José Fernández, presidente da Sección de Arqueoloxía do IEV, e comenzará a partires das 11,00 horas do CEIP Manuel Folla Respino dende onde se camiñará ata os restos dunha explotación aurífera de época romana que se atopa en Valdegodos e despois ata os petroglifos do Bosque.

Publicidad

Na presentación da antoloxía no Centro Cultura Santa Lucía estarán Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras e co-autora da antoloxía; Débora Álvarez, coordinadora do proxecto As Letras de Florencio e co-autora da antoloxía; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de
Estudios Valdeorreses e Francisco Castro, director de Editorial Galaxia.