Un «caldo de gloria» que lembrou a Rosalía de Castro no «Pablo VI»

Publicidad

O colexio conmemorou o nacemento da escritora galega cunha actividade na que participou o bispo de Astorga

«Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar e ca fariñiña munda xa tiña para cear. Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar, fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar» (fragmento do poema Miña casiña, meu lar», de Rosalía de Castro).

 O Colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa conmemorou o nacemento de Rosalía de Castro (23 de febrero de 1837 —Padrón—, 15 de julio de 1885) cunha actividade baixo o título «Caldo de Gloria», iniciativa da Fundación na que ademais do alumnado estivo presente o bispo de Astorga, Jesús Fernández González.

Consistiu na degustación de caldo en cuncas de barro ás que se engadiron detalles alusivos a Rosalía de Castro como gardamanteis impresos co citado poema.

Publicidad

Foi un caldo que soubo a gloria e que rememorou a Rosalía de Castro.