23 C
O Barco de Valdeorras
viernes, junio 5, 2026

Alumnado do CEIP Condesa de Fenosa homenaxea a Rosalía recitando públicamente un poema

Día de Rosalía de Castro, CEIP Condesa de Fenosa
Publicidad

Agasallou cun marcapáxinas conmemorativo do Día de Rosalía de Castro ás personas que participaron na iniciativa e tamén lembrou «que nos tamén fomos emigrantes»

O alumnado de sexto curso do CEIP Condesa de Fenosa do Barco argallaou unha homenaxe para celebrar o día de Rosalía de Castro consistente nun recitado público do seu poema «Adiós ríos, adiós fontes».

O lugar elixido para desenvolver esta sinxela homenaxe foi a Praza do Concello do Barco onde, ao xeito dos homes libro de Ray Bradbury, foron debullando as estrofas do seu poema para toda a xente que pasou por este espazo.

Ao remate do percorrido polas distintas estrofas do poema, alumnas e alumnos agasallaron cun marcapáxinas conmemorativo ás persoas que participaron na iniciativa.

Publicidad

O recitado estivo acompañado dunha representación plástica do contido de candansúa estrofa, co que se fixo mais comprensíbel, se cadra, o significado profundo do poema mesmo a persoas que non tiñan dominio da lingua galega.

«Nestes tempos onde se espallan polas redes sociais discursos de odio contra o emigrante, o poema de Rosalía adquire incluso unha maior vixencia, lembrándonos da dor profunda que acompaña ao emigrante cando ten que abandoar na procura de mellores condicións todo aquilo que é a súa vida», expón o CEIP Condesa de Fenosa.

«Tamén nos lembra —engade— que nós fomos terra de emigrantes, que as nosas familias ben saben as dificultades que tivemos que pasar nas terras de adopción, e así, nun exercicio de empatía comprender, axudar e acompañar aos inmigrantes que arestora se achegan á nosa terra na procura dun futuro».