Turismo de Galicia pon en valor a Praia dos Franceses da Veiga cunha remodelación de 140.000 euros

Publicidad

Xosé Merelles visitou as obras desta área recreativa e turística que mellora os accesos, mobiliario, aseos, vestuarios e incorpora duchas e un punto de socorrismo para converterse en todo un referente

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou hoxe A Veiga para presentar unha obra que pon en valor a praia dos franceses, froito dun convenio entre entre a o departamento da Xunta que dirixe e o Concello.

Merelles destacou que había que de darlle unha volta a este recurso turístico que mellorará os accesos, o mobiliario e instalacións, aseos, vestuarios e incorporará duchas e un punto de atención de socorrismo.

Trátase de que «siga sendo un polo de atracción do verán, nun concello que conta cun dos recursos máis importantes de Galicia como é o Macizo de Trevinca, e que foi o primeiro Destino Starlight de Galicia,foi pioneiro e, agora, hai moitos que siguen os pasos de A Veiga», engadiu.

Publicidad

Turismo de Galicia inviste un total de 140.000€ dos 150.000€ na recuperación da praia dos Franceses, que encádrase na Estratexia de Turismo 2030 da Xunta de Galicia e apunta cara a unha diversificación da oferta no rural, apoiando o turismo sostible e de interior. «Mediante esta acción, quérese promover o reequilibrio territorial dos destinos na comunidade poñendo en valor os recursos naturais e patrimoniais», destacou Xosé Merelles.

Deu a coñecer que estas melloras van servir tamén para que o Concello solicite a «bandeira azul», habendo en Galicia máis de 120 que xa a posúen e moi poucas fluviais que a teñan. «Será un atractivo máis da Veiga e de Valdeorras», indicou, unha comarca para a que anunciou novos proxectos «nos que estamos traballando para que a oferta do interior saliente, se prolonguen as estancias na comarca e teña máis visitas».

Valdeorras é cada vez máis atractiva para o turismo e sinalou que colaboración co Xeodestino, o GDR, actividades enoturísticas e festivais musicais, entre outras, «están fortalecendo os atractivos e a oferta turística da comarca, que fará que cada vez sexa un lugar máis atractivo para visitar».

Incendios

O director de Turismo de Galicia avanzou que a renovación da área recreativa da Veiga, na contorna do encoro de Prada, contribúe tamén á recuperación turística despois dos incendios forestais do pasado verán, para o que este departamento abriu distintas liñas de colaboración.

De feito, como engadiu, Turismo de Galicia está a demostrar o seu compromiso co rural a través de distintas accións como esta e, no caso concreto da recuperación das zonas afectadas polos incendios, está en marcha un paquete de medidas para o sector, coa campaña de promoción do destino que xa pode verse en máis de 100 medios nacionais.

Tamén recordou que outra das medidas está en marcha desde hoxe venres, cando abre o prazo para que os establecementos turísticos afectados pola caída de facturación nos incendios forestais do pasado verán. A liña de achegas, que se tramitará en réxime de concorrencia non competitiva, forma parte dun paquete maior de medidas centradas no sector turismo. Está dotada cun total de 650.000€ e sufragará ata un 25% da perda de facturación cun límite ata 2.500. O prazo para presentar solicitudes remata o 24 de novembro.

Un referente

Pola súa banda, o alcalde da Veiga, Juan Anta, sinalou que o director de Turismo de Galicia «é un veterano desta praia, que disfrutou durante moitos anos, de tal xeito que convencelo foi moi sinxelo», poñendo por diante que é a praia por antonomasia do oriente ourensán. «Necesitaba unha mellora, que proseguirá para que poida ser referente da provincia de Ourense e que a xente poda disfrutar dun paraíso natural e dun parque naútico».

«A bandeira azul será un recoñecemento máis do que temos da nosa praia, poderemos sentirnos máis orgullosos de ofrecer servicios de calidade», apuntou Juan Anta.

Tamén felicitou a Turismo de Galicia, porque «entendeu a importancia de Valdeorras, desde que está Merelles, de que esta comarca ten que ter unha presencia inexcusable, por xustiza histórica. Valdeorras ten que reivindicar que temos unha variedade e calidade de recursos que ninguén ten. A Veiga é un referente no ceo, na montaña, pero tamén debe selo coas súas praias. Imos seguir traballando», conclui, anunciando que o vindeiro ano se acometerá a gran transformación da praia dos franceses coa creación e renovación do seu parque náutico».