Xosé Merelles mantivo unha reunión co presidente do Consello Regulador e da asociación, Marcos Prada
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá unha reunión co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño Valdeorras, Marcos Prada.
Durante o encontro fixeron balance da última Feira do Viño de Valdeorras que contou co apoio da Xunta, e avanzaron sobre a edición desta cita en 2026, a finais do vindeiro mes de maio.
O director de Turismo analizará a proposta presentada desde este órgano que inclúe actividades de maridaxe dos viños da D.O. Valdeorras con propostas gastronómicas elaboradas sobre os produtos locais, entre outras, e que contribúen a incrementar a oferta complementaria e poñen en valor o enoturismo da comarca.
Xosé Merelles e Marcos Prada tamén repasaron outras accións como a Ruta do Viño dentro da Primavera de Portas Abertas, impulsada por Turismo de Galicia. Ademáis abordaron así o Festival «Entre Covas», que tivo a súa primeira edición no 2025.






