Turismo de Galicia completa a programación da Festa do Botelo do Barco

Publicidad

O seu director, Xosé Merelles, presentou presentou o programa e loubou esta celebración gastronómica

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha axenda activa esta mañá en Valdeorras, comarca que visita con frecuencia, coa que reafirmou a aposta da Xunta de Galicia pola oferta turística deste territorio. Ademáis de inaugurar a nova oficina de atención e información ao peregrinos en Fontei (A Rúa), achegouse ao Barco para presentar a programación complementaria da Festa do Botelo, que se festexará o 17 de xaneiro malia que desde os días previos comenzará a programación.

Xosé Merelles loubou esta festa gastronómica, de interese turístico de Galicia desde 2014, e que este 2026 chega á súa 24ª edición. «O Botelo ten renome nacional. O Concello do Barco fai moitas promocións do Botelo e que aspira a ser de interese turístico nacional». E amosou a intención de seguir colaborando en vindeiras edicións como xa fixo o ano pasado coa actuación de Budiño.

Felicitou ao Concello por elevar o botelo «a este nivel» e ter unha oferta complementaria na comarca de Valdeorras que «ven atraendo cada vez a mais visitantes».

Publicidad

Expresou a satisfacción de Turismo de Galicia para contribuir ao programa, que comenzará comezará unha semana antes, o sábado 10 de xaneiro, co Concerto do Botelo a cargo do Orfeón Valdeorrés no Teatro Lauro Olmo.

O mércores 14 de xaneiro haberá dous pases da película «Mi postre favorito», coa colaboración do Cinema Club Groucho Marx.

O día 16 inaugurarase na Sala Abanca a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote», e poderase asistir á obra «Reconversión», de Ibuprofeno Teatro.

A programación pecharase o domingo 18 co espectáculo musical «Percorrido», de Magín Blanco.

Botelomanía

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, expresou que «hoxe hai unha botelomanía» e anunciou que o Concello seguirá promocionando a Festa do Botelo, tendo en conta que «non so é unha celebración, senón tamén un produto de calidade que se elabora na comarca e se vende que sirve como un complemento económico. Xa se conseguiu e hai que consolidalo», concluíu.