O Concello do Barco abre o prazo para inscribirse
O Bus do Teatro, que ten como finalidade achegar producións ao público de toda Galicia, chegará ao Barco o domingo 2 de febreiro, data na que viaxará ata Santiago de Compostela (Salón Teatro) para ver Nada se sabe.A hora da función será as 18,00 horas e a saída, as 20,00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros.
O Concello do Barco abriu o prazo de inscricións para esta viaxe, que se pode formalizar presencialmente na Casa da Cultura (Teatro Lauro Olmo) ou ben no correo electrónico cultura@concellodobarco.org
A Concellaría de Cultura organiza esta viaxe ao teatro en colaboración co Centro Dramático Galego para ver a última produción teatral do CDG.
Hai 28 plazas disponibles.