Roberto Quiroga: «No BNG asumimos unha responsabilidade infinita cos cidadáns»

Publicidad

O responsable comarcal do BNG deu as grazas polo apoio nas urnas e di que haberá un antes e despois na atención aos intereses comarcais

O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego de Valdeorras quere agradecer a confianza que as electoras e electores da comarca depositaron nas súas siglas na noite eleitoral do 12X. Os nacionalistas destacan o importante aumento dos apoios á proposta política do BNG na comarca máis oriental do país, cun aumento da porcentaxe de voto de case 10 puntos con respecto ás Galegas de 2016.

Despois da última noite electoral o BNG contará, por primeira vez na historia, cunha representante valdeorresa no Parlamento do Hórreo na figura de Maria G. Albert. Desde a organización temos claro que esta presenza suporá un antes e un despois na atención aos nosos intereses comarcais en Compostela.

O responsábel comarcal do BNG, Roberto Quiroga López, quixo destacar a “responsabilidade infinita coa que a organización asume esta confianza cidadá e que nos fará traballar con máis forza cada día por non defraudar a confianza de quen nos votou e por gañar a de quen aínda non o fixo”.

Publicidad

Por último, Quiroga subliñou o “traballo inmenso” realizado pola militancia do BNG valdeorrés que, cuns recursos limitadísimos pero con moitísima ilusión e traballo realizou “unha campaña impecábel, sen estridencias e cos pés na terra que se viu recompensada nas urna