En O Barco, A Rúa e Vilamartín concorren Suso Vilasánchez, María González Albert e Antón Rodríguez, respectivamente
O BNG presentou hoxe os candidatos en Valdeorras ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Jesús Vilasánchez repite como candidato polo Barco; María González Albert, é candidata na Rúa; Antón Rodríguez, en Vilamartín e Ramón Porto concorre por primeira vez no Bolo.

Ramón Porto, natural de Valdanta e presidente do comité de empresa pola CIG en Irosa, estréase como cabeza de lista dos nacionalistas no concello do Bolo.
Durante a presentación das candidaturas, que tivo lugar no local comarcal do BNG no Barco de Valdeorras, Porto afirmou que síntese respaldado por unha candidatura que non ten hipotecas con ninguén e que “representa a única proposta de esquerdas no Bolo”.
Pola súa banda, Jesús Vilasánchez, candidato do BNG no Barco, afirmou que a lista que encabeza aspira a mellorar resultados e representatividade no Barco para ter capacidade de incidir no goberno municipal.
María Albert destacou que O BNG aspira a ter uns resultados históricos nestas eleccións, ser a forza política que máis suba en todos os concellos nos que se presenta.
As candidaturas se atopan avaladas pola “solvencia das súas propostas” e pola garantía que dá a xestión do BNG nos gobernos municipais, segundo afirmaron.
No acto, presentado pola deputada galega e candidata do BNG na Rúa María Albert, non estivo presente, por motivos familiares, o cabeza de lista en Vilamartín, Antón Rodríguez.