Os versos de Florencio Delgado Gurriarán volven á imprenta

Publicidad

O 17 de febreiro se presenta no Barco a reedición de tres poemarios do autor

Noventa anos despois de que a Editorial Nós publicase o seu primeiro poemario, os versos de Florencio Delgado Gurriarán volven á imprenta. O próximo xoves a Editorial Galaxia presentará no Barco de Valdeorras, no salón do Edificio Multiusos a partir das 20,00 horas, a reedición de Bebedeira (Editorial Nós, 1934), Galicia Infinda (Editorial Galaxia, 1963) e O soño do guieiro (Ediciós do Castro, 1986).

Trátase dos tres poemarios concebidos como tal por Florencio, quen tamén participou na obra colectiva Cancioneiro da loita galega (PG México, 1943) e coordinou a recompilación da súa obra recollida en Cantarenas (Edicións do castro, 1981).

A Editorial Galaxia decidiu que a presentación destes poemarios fose en Valdeorras.

Publicidad

O acto será presentado polo alcalde, Alfredo García, e asistirán Ricardo Gurriarán e Elva Delgado, ambos familiares do autor ao que iste ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Unha cita coa cultura e poeta valdeorrés.