Será do 13 ao 16 de maio, está aberto a cantas personas queiran participar e hai que inscribirse para participar
A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo (Vilamartín) organiza un Obradoiro de Narración Oral, «Esfarelando historias», con Anxo Baranga, membro de Furafollas Agrupación Teatral, con motivo das Letras Galegas. Está aberto a todas as personas que queiran participan (tamén nenas e nenos a partir de 9 anos).
Será o 13, 14, 15 e 16 de maio, en horario de 19,00 a 21,00 horas na casa do pobo de Córgomo. É necesaria unha inscripción previa no correo electrónico corgomuru@gmail.com
Trátase dun interesante obradoiro non que non é necesario ter feito teatro previamente nin tampouco memorizar textos. Unha boa iniciativa para disfrutar e compartir historias.