O Museo YOSSO do Bolo presenta o libro póstumo «Monforte 1951-52» do pintor de Valbuxán: O 18 de maio

Publicidad

Será as 18,30 da tarde nun acto aberto ao público no que tamén haberá lectura de poesías

O Museo YOSSO do concello do Bolo celebrará o sábado día 18 de maio os seus dous anos de vida ca presentación dun libro póstumo do pintor e escritor YOSSO, Xosé de Valbuxán (José Porto García).

Finado o 31 de agosto de 2021, este foi o último libro que escribiu “Monforte 1951- 52” e nel conta historias do ano que pasou estudando no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos.

Esta publicación ve a luz coincidindo coa actos de celebración do 150 aniversario da chegada da Orde Escolapia a Monforte de Lemos para rexentar o Colexio da Nosa Señora da Antiga.

Publicidad

Na presentación do libro no Museo YOSSO, custodio da obra deste artista, que aínda que non se abriu ao público ata o 16 de xullo de 2022, foi inaugurado o 21 de maio, intervirán Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses e o xornalista José Manuel Rubín e grande amigo do poeta e pintor de Valbuxán, e o historiador Isidro García Tato.

Un acto, aberto ao público, de homenaxe a este poeta, no que ademáis de presentar o libro, farase lectura das súas poesías e anímarase a todos os visitantes que o desexen a que lean unha poesía, farase visita de balde ao museo e haberá tamén música.

Dende o concello animan a todos os veciños da vila e da comarca a que visiten o museo o 18 de maio e participen nas actividades.

Yosso, coñecido dicía: «Si a miña vida son dous días, darei un á pintura e outro á poesía». No seu museo fai un percorrido por 70 cuadros. A súa obra ten óleos, pasteis, plumillas, carboncillos e dibuxos. Ademais foi autor de 37 libros.