O lume de Pardollán chega ata o Parque Natural Serra da Lastra

Publicidad

O BNG di que urxe dotar á base de Vilanova dun helicóptero que permita actuar rápido ante un fogo

O lume de Pardollán, declarado ás 13, 00 horas, afecta a parte do Parque
Natural da Serra da Lastra
. En cinco horas arrasou máis de 35 hectáreas e
segue sen estar controlado, di o BNG e «pon de manifesto a falta de
medios en Valdeorras».

O BNG de Valdeorras lembra a reivindicación histórica a cerca da dotación de
medios de extinción de lumes nun distrito de alto risco e «no que os recortes
Xunta de Galiza como a retirada do helicóptero de Vilanova, levan á extinción dos
nosos montes cada verán», estima.

Dende o BNG «consideramos a dotación da base de Vilanova (O Barco), un medio aéreo
fundamental para obter unha pronta resposta de acción, nunha contorna
territorio abrupto e, en moitas ocasións, de difícil acceso para os medios terrestres,
ao que se suman unhas condicións climatolóxicas frecuentemente extremas, o que
provoca lunes de altísima densidade».

Publicidad

Precisamente, adeputada eleita do BNG, a ruesa María Albert, destacaba esta mesma
mañá en rolda de prensa, antes de que se declarase o incendio, «a necesidade que
ten esta comarca de ter un helicóptero na base de Vilanova, un problema que xa
non é actual nunha comarca con altísimos índices de perigosidade, e nun distrito, o
XIII, que tempada após tempada padece constantes recortes de recursos que, como
todos os anos, lamentaremos».

Malia a mobilización de medios aéreos e terrestres, o BNG lembra unha vez mais
que o tempo necesario de arranque e desprazamento que precisa o helicóptero de
San Xoán de Río (30 minutos), o de León (50 minutos) e o de Monforte (25 minutos) son de
extrema importancia cando se detecta o incendio. Desde a base de Vilanova de
Valdeorras eses minutos descenderían até 12.

A base de Vilanova, na que se investiron centos de miles de euros, segue sen
helicóptero, pechada, e totalmente desaproveitada para a protección do medio
incumprindo o obxectivo para o que foi concebida, engade o BNG.

Lembra tamén a importancia do Distrito XIII con lugares de grande importancia paixasística,
económica e forestal como a Serra do Eixo con máis de 5.000 Has. de Piñeiro
Silvestre, o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, cunha das escasas
concentracións de aciñeiras da Galiza, así como o Teixadal de Casaio, entre outros.
Lugares que gozarían dunha altísima protección en calquera país da Europa e que
en Valdeorras quedan ao dispor da sorte.