O Concello do Bolo presenta un Plan de Vivenda innovador

Publicidad

O documento recolle as necesidades do municipio nesta materia e unha das propostas e a creación de unha Oficina municipal de asesoramiento á poboación

O Plan Municipal de Vivenda e Solo 2024 -2029 do Concello do Bolo foi presentado no Castelo, como unha iniciativa innovadora e un documento aberto, o punto de partida para resolver as necesidades do municipio nesta materia, dende a rehabilitación das casas (fachadas, accesibilidade, melloras enerxéticas etc.) ata a posta das mesmas no mercado (aluguer ou venta). A presentación correu a cargo dos propios técnicos que o elaboraron, o equipo de arquitectos do estudio Luis Álvarez Arquitectura, Luis Álvarez, Rosario León e Silvia Arias, acompañados polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o alcalde, Alberto Vázquez e a concelleira Mayra Martínez.  

A presentación do Plan foi a consecuencia “dun dos retos marcados polo grupo de goberno” que o ano pasado presentou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico “un proxecto co obxectivo de poñer as bases sobre a vivenda no Concello”. Así o explicou o alcalde, Alberto Vázquez, que adiantou que “con este plan, iremos chamando as portas da Administración para explicar os problemas de vivenda que ten este Concello”. 

O plan é pioneiro na Comunidade galega, segundo o arquitecto, Luis Álvarez, que o calificou dunha “iniciativa tan novedosa, como que en Galicia é un dos primeiros planes que se fan deste tipo”. Con él, o Concello quixo “recoller as necesidades de vivenda”, analizando “o estado das vivendas actuais”, e así “fixar uns obxectivos e estratexias para crear unhas liñas de traballo que se deberán aplicar nos vindeiros cinco anos, para conseguir estes obxectivos”. 

Publicidad

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Eladio Santos, subliñou que o plan “é moi interesante porque ataca un problema real que non é solo de recuperar poboación senón de garantir este dereito á vivenda”. Para Santos, a importancia do traballo feito neste Plan de Vivenda reside en que “desta forma, o Concello do Bolo estará posicionado estratéxicamente para cando saian as liñas de axuda de vivenda tanto da Administración central como da Administración autonómica”. Rematou a súa intervención felicitando ao Concello por “crear dinámicas para a xente quede aquí”. 

O Plan Municipal de Vivenda e Solo é unha aposta do Concello de O Bolo dentro do programa “Desenvolve O Bolo” para articular as medidas necesarias para atender as necesidades de vivenda do municipio, unha vez identificadas e cuantificadas.

O Plan contou cunha fase analítica de información e diagnóstico da problemática en materia de vivenda; outra estratéxica para abordar os obxectivos e unha terceira programática para definir actuacións futuras a medio prazo (cinco anos).

En todas as fases do plan, o contido do mesmo foi sometido á participación cidadá.

Unha das propostas do plan é a creación dunha Oficina municipal de Vivenda como ferramenta de axuda a poboación, para asesoramiento e tamén para a tramitación de axudas ou dos pasos a seguir para o aluguer ou a venta dunha casa.

Un plan que da unha solución a vivenda no Bolo.