O Concello da Rúa convoca o I Concurso de Decoración Nadal nas Rúas

El brindis será en la Praza do Concello de A Rúa
Publicidad

Os obxectivos son infundir un ambiente festivo, traballo baseado na cooperación e hai catro categorías de premios

O Concello da Rúa convoca o I Concurso de Decoración Nadal nas Rúas. Os obxectivos desta iniciativa son dinamizar a participación activa da cidadanía na actividade local e colaborar en infundir un ambiente festivo e decorativo baseado en valores como o traballo en común e a cooperación, dar protagonismo activo á cidadanía e fomentar fomentar o uso de materiais reciclables e reciclados

Publicidad

O concurso consta de 4 categorías para que poida participar o maior número de persoas posíbel: Comercios e hostalería; xanelas e balcóns; casas e premio especial para a comunidade de veciños e veciñas, colexio, rúa ou praza.

As inscricións realizaranse a través dun formulario ao que se pode acceder na sede electrónica da web do Concello ou ben de forma presencial nas dependencias municipais dende hoxe ata o venres 15 de decembro de 2023.

Publicidad
Publicidad

Os elementos decorativos presentados a concurso deberán permanecer colocados, como mínimo durante o período que vai do venres 22 de decembro até o sábado 6 de xaneiro de 2024 (ambas datas incluídas).

Se non se cumpre a devandita condición desestimarase a participación da asociación, colectivo ou particular que incumprise salvo causas maiores que serán valoradas no Xurado.

Publicidad

O luns 8 de xaneiro darase a coñecer o fallo inapelábel do xurado que elixirá ás/aos gañadores de cada categoría do concurso. O resultado será publicado na páxina oficial do Concello da Rúa (http://www.arua.gal) así como nas RRSS
do Concello (Facebook, X e Instagram) e se comunicará persoalmente a cada participante premiado/a.
A entrega de premios realizarase na Casa do Concello o martes 9 de xaneiro na hora que se determine polo Concello.
Os premios serán os que seguen:

CATEGORIA A
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATEGORÍA B
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATEGORÍA C
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATEGORÍA D
Premio especial para premio para a comunidade de veciños e veciñas, colexio, rúa ou praza: Un único premio de cesta de produtos do comercio da Rúa valorada en 250 € e diploma.

As bases completas do concurso pódense consultar no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica e tamén na web do Concello (www.arua.gal)