O BNG pide compatibilizar os autobuses en Valdeorras co tren da Gudiña

A Gudiña
Publicidad

María Albert demanda á Xunta modificar os horarios e frecuencias das liñas de
autobuses A Gudiña – O Barco de Valdeorras para garantir a súa
compatibilidade cos horarios do tren ALVIA A Gudiña-Madrid

A deputada do BNG e concelleira na Rúa, María Albert, da a coñecer a situación que padece a veciñanza dos concellos de Valdeorras desde xuño, ante a incompatibilidade das liñas de bus da Xunta de Galiza que servían para comunicar á comarca valdeorresa coas liñas de alta velocidade de ferrocarril que fan parada na estación da Gudiña.

“A día de hoxe se queres ir desde Valdeorras en tren a Madrid só poderás subir á Gudiña no bus que sae do Barco ás 5:45 e chega á Gudiña ás 6:45 tren chega ás 8:24 horas polo que a espera será de máis de hora e media”, sinala a deputada nacionalista.

Máis difícil aínda sería a outra posibilidade, que é coller o autobús que sae do Barco ás 9:30 horas e chega á Gudiña ás 10:30. Aquí o tren xa saíu ás 9:58 horas (é dicir, 32 minutos antes) polo que podes agardar ao tren das 13:42 horas (3 horas e 12 minutos máis tarde) «o que só se pode cualificar como despropósito», engade.

Publicidad

O mesmo acontece ao regreso da capital do Estado. Os trens da tarde chegan á Gudiña ás 17:40 e as 21:00 horas respectivamente, mentres que o único autobús que sae da localidade cara Valdeorras faino ás 19:00 horas. “De novo, inútil. E dobremente inútil o bus da mañá que arranca da localidade ás 7:00 horas mentres que os trens chegan ás 10:01 horas».

Albert lembra que Valdeorras ten sido unha das grandes damnificadas nas últimas décadas polas decisións tomadas polos sucesivos gobernos centrais no referido á conectividade por ferrocarril.

Publicidad

A pesares de ter sido a comarca de Valdeorras un importante foco de viaxeiras e viaxeiros a través do tren, di a deputada nacionalista, entre outras cuestións polo seu afastamento aos núcleos urbanos do país e os do Estado.

Porén os gobernos do Estado, independentemente da cor, foron pechando estacións, e eliminando frecuencias e en definitiva depauperando a deixar practicamente inane o servizo na liña Palencia – A Coruña, explica.

Publicidad

Agora mesmo para desprazarse a Madrid desde Valdeorras tense que facer obrigatoriamente a través da liña que ten parada na Gudiña, co que resulta fundamental que as frecuencias de autobuses que comunican O Barco de Valdeorras e A Gudiña sexan complementares ás liñas de ALVIA e xa non o desde o mes de xuño de 2021.

Por isto o BNG vén de presentar iniciativas parlamentares para demandar da Xunta de Galiza modificar os horarios e frecuencias das liñas de autobuses A Gudiña – O Barco de Valdeorras, en ambos sentidos, para garantir a súa compatibilidade cos horarios do tren ALVIA A Gudiña-Madrid.

E tamén plantexa modificar os horarios das liñas de autobuses O Barco de Valdeorras –O Bolo para que permitan á veciñanza dos concellos da comarca de Valdeorras facer uso das mañás na cabeceira comarcal con garantías”, conclúe o BNG.