O BNG chama a participar nunha manifestación en Santiago contra a crise de prezos

Publicidad

Será o vindeiro 18 de decembro baixo e propón 10 medidas como alternativa para axudar a revertir a situación

O BNG convoca a unha manifestación contra a crise de prezos o vindeiro 18 de decembro en Santiago de Compostela. A iniciativa ven de ser presentada polo responsable comarcal en Valdeorras, Roberto Quiroga; a parlamentaria nacionalista, María González Albert e o concelleiro da formación no Barco, Jesús Vilasánchez.

Roberto Quiroga sinalou que o BNG está a presentar esta campaña en todas as comarcas galegas. O lema é: «Non é unha crise de prezos, é unha estafa». «Imos facer o clásico de sempre, repartir cartelería e dípticos e manter reunións con asociacións e colectivos de Valdeorras para explicar esta campaña», suliñou.

Jesús Vilasánchez aportou datos do incremento das necesidades económicas dos colectivos mais vulnerables debido a suba de prezos e tamén citou unha reducción de falta de axuda da poboación porque «non ten capacidade para axudar as ONGs». Dixo que só no Barco hai 143 familias que dependen directamente de Cáritas e indicou que este inverno vai ser moi duro para as persoas sin recursos. «As mortes por ondas de frío son moito maiores que por ondas de calor», precisó.

Publicidad

Pola súa banda, María González Albert, afondou nas alternativas a crise de prezos que pasan por 10 medidas. A primeira, que mague máis quen máis ten, con impostos as persoas con maior patrimonio e persecución o fraude fiscal; a suspensión dos desafiuzamentos, como mínimo ata 31 de decembro de 2023; reducir drásticamente o destinado a gasto militar; prohibición por lei do corte de suministro de servizos básicos (luz, auga e gas) ás vivendas das familias mais vulnerables; intervención pública no mercado da vivenda, limitando os prezos dos alugueres e das hipotecas; reducir os prezos dos combustibles e da cesta da compra; tarifa eléctrica galega que reduza o custe da electricidade para empresas e fogares; medidas excepcionais para os sectores produtivos; incremento das pensións e salarios básicos mantendo ademais a tarxeta báisca suprimida pola Xunta para a compra dos alimentos e productos básicos, regulando tamén a Risga e medidas transversais para paliar o impacto da crise sobre as mulleres e a mocidade.

María González Albert dixo que Galiza estivo todo o ano á cabeza da inflación e que a proposta dos orzamentos da Xunta de Galicia recolle «unha reducción do imposto de patrimonio que vai regalar 34 millóns de euros as 7.700 personas mais ricas de toda a Comunidade galega. Propón medidas inxustas e insolidarias para a maioría das clases sociais».

O BNG anima a sumarse a esta movilización nacional como demostración da necesidade que ten a xente de ter á fronte políticas diferentes ás que se están a levar a cabo.

«Nesta crise de prezos hai quen gaña mentres as maiorías sociais nos empobrecemos», conclúe o BNG.