Nace «Camiños falados da Rúa», unha web que afonda no pasado para conservar a memoria local

Publicidad

E promovida polo Concello, foi feita por Cristina de La Torre e presentada o día no que se cumplen cen anos da visita da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson a A Rúa

«Camiños falados da Rúa». Así o nova web que pon en marcha o Concello para preservar a memoria local, un proxecto presentado hoxe pola alcaldesa, María González Albert, e Cristina de La Torre, a persona que desenvolveu o portal. Pódese ver en camiñosfaladosdarua.gal

Foi elexida esta data para a presentación porque se cumplen cen anos dunha historia recollida no novo portal, a da visita da fotógrafa estadounidense, Ruth Matilda Anderson, ao concello da Rúa —dentro dunha viaxe a Galicia— para retratar durante tres días o entorno.

A alcaldesa sinalou que é un proxecto que lle fai moita ilusión pois era unha iniciativa que quería desenvolver dende hai tempo. «Vai ser unha web dinámica, que incorporará historias, para recoller a memoria viva da Rúa, un espazo no que podamos sentirnos reflectidos e que recupere as pequenas historias que dan identidade ao noso concello».

Publicidad
Publicidad

Pola súa banda, Cristina de la Torre, explicou que a web recollerá historias da Rúa que teñen que ver coa memoria da vila pero tamén con «lugares que acaban resignificados pola acción do día a día». Aclarou que «non é simplemente un portal onde vai a haber fotografías antiguas senón tamén historias do pasado e presente relacionadas con como habitamos o concello».

Foto de Ruth Anderson recollida pola web «Camiños Falados da Rúa»

Os obxectivos son «cultivar certa autoestima dos rueses e ruesas e dos novos habitantes da Rúa, para que poidan coñecer o lugar no que viven, e tamén que sirva como xogo, espacio didáctico e de memoria», subliñou Cristina De La Torre.

A web inclúe un apartado para a colaboración veciñal para que envíen propostas de historias que se incluirían unha vez revisadas e contrastadas.

A primeira historia

A primeira historia é a de Ruth Matilda Anderson, quen fotografiou lugares da Rúa durante unha visita de tres días. Partindo dunha fotografía tomada durante unha Noiteboa de 1924 na Rúa, na Fonda Paco, faise un percorrido polos lugares que percorreu.

Unha interesante iniciativa que o Concello da Rúa invita a coñecer na nova web, que rescata o pasado afondando na memoria local para conectalo co presente.