O director de Turismo de Galicia salientou a aposta que está a facer o Goberno galego polo turismo rural
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, aproveitou o 1 de novembro para visitar os dous novos establecementos turísticos que dotan a Larouco de 39 novas plazas de aloxamento, o Lar Albergue Larouco e a Reitoral de Seadur.
Merelles salientou a aposta que está a facer o Goberno Galego polo turismo rural que se ratifica coa incorporación destos novos aloxamentos.
Durante as visitas, na que tamén estiveron a alcaldesa do municipio, Patricia Lamela, e a xerente do Inorde, Emma González, o director de Turismo de Galicia salientou a proximidade dos establecementos co Camiño de Inverno, reforzando tamén a oferta hoteleira nesta ruta. Neste sentido, destacou que é un dos itinerarios que máis están medrado no que vai de ano, rexistrando un incremento de peregrinos do 44%.
Xosé Merelles visitou o novo albergue municipal de Larouco que ocupa a antiga casa reitoral datada de 1888. O establecemento, cunha oferta de 16 prazas, conta ademais con recepción, lavandería, sala de estar, terraza e cociña que se reparten ao longo de 170 m2 de superficie. Turismo de Galicia contribuíu con 30.000 euros á execución desta actuación. Pola súa banda, a Reitoral de Seadur suma un total de 23 prazas de aloxamento.
Puxo de manifesto o atractivo turístico da comarca de Valdeorras onde, como dixo, tamén se vén de licitar o proxecto de rehabilitación paisaxística das antigas escolas do Concello de Larouco por máis de 120.000 euros e para a que as empresas poden presentar os seus proxectos ata o 20 de novembro.
Pola súa banda, a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, salientou a aposta do Concello polo turismo. Expresou que o albergue municipal abriu en agosto, despois da cesión do edificio por parte do Obispado. «O Concello de Larouco sacou a concesión e o importe anual que paga a adxudicataria vai destinado na súa integridade ao Obispado», sinalou.
Larouco é agora un municipio con mais posibilidades para desenvolver o turismo coa dotación das novas prazas de aloxamento.
De feito, esta ponte de novembro, o albergue está prácticamente cheo, principalmente de personas que chegaron de Madrid.